Boiro Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boiro Novo
Plataforma política municipal
Dirixentes e organización
LíderDores Torrado
Historia
Fundación2014
Posicións políticas
IdeoloxíaMunicipalismo
Galeguismo
Esquerda política
Representación
Concelleiros en Boiro
1 / 17
Na rede
Facebook: boironovo Editar o valor em Wikidata

Boiro Novo é unha asemblea cidadá de ámbito municipal en Boiro, presentada o 13 de decembro de 2014 de cara ás ás eleccións municipais de maio de 2015. É unha asemblea plural, diversa e feminista, a prol do medio ambiente.

Historia[editar | editar a fonte]

Nas eleccións de 2015 Boiro Novo e Esquerda Unida (EU) uníronse formando SON coa exedil do BNG Dores Torrado como candidata á alcaldía. Conseguiron 927 votos (9,71 %), por tanto unha concelleraría para a candidata á alcaldía Dores Torrado, formando parte da oposición ó goberno do PPdeG.

Nas eleccións de 2019 EU desvinculouse de Boiro Novo, e a formación acadou 709 votos (6,96 %) e de novo unha concellería para Dores Torrado, sendo chave da formación do goberno tras perdelo PP a maioría absoluta e votando a favor do candidato socialista José Ramón Romero García. Permaneceu na oposición ata que en outubro de 2021 pasou a formar parte do goberno municipal dirixíndo as concellerías de Deporte, Xuventude, Igualdade, Memoria Histórica e Lingua.

Nas eleccións de 2023 logrou 593 votos (6,05%) e 1 concellería, de novo con Dores Torrado de candidata, mais nesta ocasión pasou á oposición tras logralo PSdeG a maioría absoluta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]