Bob Sinclar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bob Sinclar

Bob Sinclar, nado co nome de Christophe LeFriant en Bois-Colombes o 10 de maio de 1969, é un músico francés do chamado French touch, subxénero musical nado da música house e o dancehall. É tamén coñecido como The Mighty Bop, Chris the French kiss ou Reminiscence Quartet.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amais de DJ, mesturador e produtor discográfico é co-propietario (xunto con DJ Yellow) da casa discográfica «Yellow Productions». Logrou acadar a popularidade a nivel mundial, cos seus temas Love Generation e World, Hold On do seu álbume Western Dream do ano 2006. Os temas son interpretados por Gary Nesta Pine en «Love Generation» e Steve Edwards en «World Hold On».

Sinclar comezou a súa carreira como DJ cando tiña 18 anos de idade, con nome de Chris The French Kiss. O seu primeiro éxito foi "Gym Tonic", o cal foi coproducido por Thomas Bangalter de Daft Punk. O seu coro foi quitado dun vídeo de exercicios de Jane Fonda. Mais foi ata 2005 cando acadou maior éxito co seu hit "Love Generation", que chegou aos primeiros postos das listas de popularidade de todo o mundo, ademais de que foi unha das cancións oficiais do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Os seus seguintes sinxelos, "World", "Hold On" e "Rock this Party (Everybody Dance Now)" tamén chegaron ao top 10 de moitos países.

Ademais, creou o proxecto Africanism, onde un conxunto de artistas producen música house cunha combinación de sons latinos, tribais e de jazz.

Discografía[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

  • «Les Jazz Electroniques EP» (1994), como The Mighty Bop
  • «Messe Pour Les Temps» (1995), como The Mighty Bop
  • «A Space Funk Project» (1996)
  • «A Space Funk Project» II" (1996)
  • «Ult Violett Sounds EP» (1996), como The Mighty Bop
  • «Eu Só Quero um Xodó» (1997), con Salomé de Bahía
  • «Gym Tonic» (1998), con Thomas Bangalter
  • «My Only Love» (1998), con Lee Genesis
  • «Super Funky Brake's Vol. I» (1998)
  • «The Ghetto» (1998)
  • «Ultimate Funk» (1998)
  • «Feelin' Good» (1998), como The Mighty Bop
  • «Bisou Sucré» (2000), como Africanism
  • «I Feel For You» (2000), con Cerrone's Angels
  • «Darlin» (2000), con James «D-Train» Williams
  • «Greetings From Champs Elysées EP» (2000)
  • «Do It» (2000), como Africanism, con Eddie Amador
  • «Freedom» (2001), con Gene Van Buren
  • «Ich Rocke» (2001)
  • «Kazet» (2001), como Africanism
  • «Save Our Soul» (2001)
  • «The Beat Goes On» (2002), con Linda Lee Hopkins
  • «I Go Crazy» (2002), como The Mighty Bop
  • «Viel Ou La» (2002), como Africanism
  • «Kiss My Eyes» (2003), con Camille Lefort
  • «Lady» (2003), como The Mighty Bop, con Duncan Roy
  • «Prego» (2003), con Eddie Amador
  • «Slave Nation» (2003)
  • «Amour Kéfé» (2004), como Africanism
  • «Kalimbo» (2004), como Africanism
  • «Sexy Dancer» (2004), con Cerrone's Angels
  • «Wonderful World» (2004), con Ron Carroll
  • «You Could Be My Lover» (2004), con Linda Lee Hopkins
  • «Steel Storm» (2004), como Africanism, con Ladysmith Black Mambazo
  • «Love Generation» (2005), con Gary Pine
  • «Summer Moon» (2005), como Africanism, con David Guetta
  • «World, Hold On (Children of the Sky)» (2006), con Steve Edwards
  • «Rock This Party (Everybody Dance Now)» (2006) con Cutee B feat. Dollarman & Big Ali
  • «Tennessee» (2006) with Farrell Lennon
  • «All around the world» (2007) con Lionel Richie
  • «Give A Lil' Love» (2007)
  • «Sound of Freedom» (2007) con Cutee B, Gari Nesta Pine & Dollarman
  • «What I want» (2007) con Fireball
  • «Together» (2007)
  • «Far l'Amore» (2011); remistura dun tema de Rafaella Carrà

Álbums[editar | editar a fonte]

  • A Finest Fusion Of Black Tempo (1994), como Yellow Productions
  • Ritmo Brasileiro (1994), como Reminiscence Quartet
  • Psycodelico (1995), como Reminiscence Quartet
  • La Vague Sensorielle (1995), como The Mighty Bop
  • The Mighty Bop Meets DJ Cam & La Funk Mob (1995), como The Mighty Bop, con DJ Cam and La Funk *Mob
  • Autres Voix, Autres Blues (1996), como The Mighty Bop
  • Paradise (1998), como Bob Sinclar
  • More Psycodelico (1999), como Reminiscence Quartet
  • Champs Elysées (2000), como Bob Sinclar
  • Spin My Hits (2000), como The Mighty Bop
  • Africanism Allstars Vol. I (2001), como Africanism
  • The Mighty Bop (2002), como The Mighty Bop
  • III (2003), como Bob Sinclar
  • Africanism Allstars Vol. II (2004), como Africanism
  • Enjoy (2004), como Bob Sinclar
  • Africanism Allstars Vol. III (2005), como Africanism
  • Western Dream (2006), como Bob Sinclar
  • Soundz of Freedom: My Ultimate Summer of Love (2007), como Bob Sinclar