Blixa Bargeld
| Blixa Bargeld | |
|---|---|
| Nome completo | Christian Emmerich Bargeld |
| Alias | |
| Naceu | 12 de xaneiro de 1959 (53 anos) |
| Orixe | Berlín |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | rock alternativo, industrial, indie, música experimental |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Mute, EGO, Some Bizzare, Our Choice, Rough Trade |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1980 - actualidade |
| Web | www.blixa-bargeld.com |
Christian Emmerich Bargeld, coñecido como Blixa Bargeld, nado o 12 de xaneiro de 1959 en Berlín Occidental, é un compositor, músico, cantante, actor e performer alemán, coñecido polo seu traballo cos grupos Einstürzende Neubauten e Nick Cave and The Bad Seeds. Tamén é un recoñecido guitarrista pola súa especialidade en facer soar a guitarra como e con toda clase de obxectos.
[editar] Traxectoria
En 1980 funda a banda industrial Einstürzende Neubauten seguindo o movemento musical da época Die Geniale Dilletanten, banda que sigue viva actualmente. Entre 1984 e 2003 traballou como guitarrista e vocalista secundario en Nick Cave and The Bad Seeds, cos que aparece tocando na película de Wim Wenders Der Himmel Über Berlin (1987). Desde a metade dos 90 Bargeld fixo varias actuacións coa súa Rede/Speech Performances traballando con toda clase de implementos electrónicos xunto ó enxeñeiro de son da Einsturzende Boris Wilsdorf.