Nick Cave and the Bad Seeds
| Nick Cave and the Bad Seeds | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Melbourne, Australia |
| Período | 1983-actualidade |
| Xénero(s) | post-punk, rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Mute Records |
| Membros | Nick Cave, Mick Harvey, Blixa Bargeld, Thomas Wydler, Martyn P. Casey, Conway Savage, Warren Ellis, Jim Sclavunos, James Johnston |
| Antigos membros | Anita Lane, Barry Adamson, Hugo Race, Rowland S. Howard, Tracy Pew, Kid Congo Powers, Roland Wolf |
| Web oficial | páxina web oficial |
Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cunha aliñación internacional e fluctuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista. Con esta aliñación a banda gravou e lanzou o seu álbum debut From Her To Eternity en 1984.
Durante a súa primeira xira australiana, Tracy Pew, baixista e guitarrista de The Birthday Party tamén actuou coa banda.
Nick Cave and the Bad Seeds apareceron na película de Wim Wenders Wings of Desire (1987).
Índice |
Aliñación [editar]
Os catro integrantes esenciais [editar]
- Nick Cave - voz, piano (1984—)
- Mick Harvey - guitarra, baixo, teclados, percusións (1984—)
- Blixa Bargeld - guitarra, voz (1984–2003)
- Thomas Wydler - percusións (1985—)
A banda incluíu músicos que, mercede ó seu impacto no son da banda, gañáronse o estatuto de "malas sementes":
O resto das "malas sementes" [editar]
- Martyn P. Casey - baixo (1991—)
- Conway Savage - piano, teclados (1991—)
- Warren Ellis - violín (1993—)
- Jim Sclavunos - percusións (1996—)
- James Johnston - guitarra, teclados (2004—)
Outras "malas sementes" [editar]
- Anita Lane - compositora
- Barry Adamson - baixo, percusión
- Hugo Race - guitarra
- Rowland S. Howard - guitarra
- Tracy Pew (falecido) - baixo
- Kid Congo Powers - guitarra
- Roland Wolf (falecido) - piano
Nacionalidade dos compoñentes [editar]
Nick Cave, o líder da banda, mudouse de Melbourne a Londres en 1980. Desde que formou The Bad Seeds en 1984 viviu en Berlín, São Paulo, Londres e Brighton. Os membros internacionais da agrupación xúntanse para gravar e actuar en xiras. As nacionalidades dos membros actuais e previos de The Bad Seeds son:
- Australianos: Nick Cave, Mick Harvey, Hugo Race, Martyn P. Casey, Conway Savage, e Warren Ellis.
- Británicos: Barry Adamson e James Johnston.
- Alemáns: Blixa Bargeld e Roland Wolf.
- Suízo: Thomas Wydler.
- Estadounidenses: Kid Congo Powers e Jim Sclavunos.
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- From Her to Eternity - 1984
- The Firstborn Is Dead - 1985
- Kicking Against the Pricks - 1986
- Your Funeral... My Trial - 1986
- Tender Prey - 1988
- The Good Son - 1990
- Henry's Dream - 1992
- Let Love In - 1994
- Murder Ballads - 1996
- The Boatman's Call - 1997
- No More Shall We Part - 2001
- Nocturama - 2003
- Abattoir Blues/The Lyre of Orpheus (2CD) - 2004
- Dig, Lazarus, Dig!!! - 2008
- Push the Sky Away - 2013
Álbums en vivo e compilacións [editar]
- Live Seeds (1993).
- The Best Of (1998).
- B-Sides & Rarities (3CD) (2005).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en inglés)
- Bad-Seed.org - Sitio para afecionados á banda