Blanca Rego Constela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBlanca Rego Constela
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista , tradutora , directora de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Blanca Rego Constela, nada en Ferrol en 1974, é unha artista audiovisual, cineasta e “noisemaker” galega, coñecida tamén polo seu alias “_blank”.[1] Tamén é tradutora, redactora, creadora de contidos audiovisuais e especialista en cine e arte sonora.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rego naceu en Ferrol, mais en 1993 mudouse a Barcelona onde comezou os seus estudos de dirección de cine en C.E.C.C. até 1996. Posteriormente ampliou a súa formación cursando estudos de animación e multimedia entre 1996 e 1999 na academia Fak d'Art (A Faktoria d'Art).

Nos seus traballos creativos afonda nas posibles relacións entre a imaxe e o son tal e como expresa no seu manifesto de artista.[2] Desde 2008, coedita o blog Mediateletipos sobre cultura aural e activismo audiovisual.

Obra[editar | editar a fonte]

O seu traballo proxectouse en diferentes festivais de cine internacionais e exposicións.[3] Rego participou en conferencias e residencias artísticas en centros de arte, museos e fundacións de primeira fila como:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]