Billy Elliot
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Billy Elliot | |
|---|---|
| Título orixinal | Billy Elliot |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Stephen Daldry |
| Produtor | Greg Brenman Jon Finn |
| Guión | Lee Hall |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Jamie Bell Julie Walters Gary Lewis Jamie Draven |
| Música | Stephen Warbeck |
| Fotografía | Brian Tufano |
| Montaxe | John Wilson |
| Estudio | BBC Films Tiger Aspect Pictures StudioCanal Working Title Films |
| Distribuidor | Universal Focus |
| Ano | 2000 |
| Duración | 110 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama, Comedia |
| Orzamento | $5.000.000 (£3.000.000)[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Billy Elliot é un filme británico dirixido por Stephen Daldry que foi estreado no ano 2000. No 2001, o escritor Melvin Burgess foi elixido para escribir unha novela baseada no guión do filme, escrito por Lee Hall.
Índice |
Argumento [editar]
En 1984, durante unha folga de mineiros no condado de Durham, sucédense os enfrontamentos entre piquetes e policía. Entre os mineiros máis exaltados están Tony e o seu pai. Este empeñouse en que Billy, o seu fillo pequeno, reciba clases de boxeo. Pero, aínda que o rapaz ten un bo xogo de pernas, carece por completo de pegada. Un día, no ximnasio, Billy observa a clase de ballet da señora Wilkinson, unha muller de carácter severo que o anima a participar. A partir dese intre, Billy adicarase apaixonadamente á danza.
Personaxes [editar]
- Jamie Bell como Billy Elliot
- Julie Walters como Georgia Wilkinson
- Gary Lewis como Jackie Elliot
- Jamie Draven como Tony Elliot
- Jean Heywood como Avoa
- Stuart Wells como Michael Caffrey
- Nicola Blackwell como Debbie Wilkinson
- Colin Maclachlan como Tom Wilkinson
- Billy Fane como Mr. Braithwaite
- Janine Blirkett como Jenny Elliot
- Adam Cooper como Billy Elliot, ós 25 anos
- Merryn Owen como Michael Caffrey, ós 25 anos
- Stephen Mangan como Doutor Crane
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2000: 3 Nomeamentos ó Oscar: director, actriz de reparto (Julie Walters) e guión orixinal.
- 2000: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme - drama e actriz secundaria.
- 2000: 3 premios BAFTA: Alexander Korda, actor e actriz. 13 nomeamentos.
- 2000: Nomeada ó Premio Goya: Mellor filme europeo.
- 2000: Nomeada ó César: Mellor filme estranxeiro.
- 2000: Nomeada ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
- 2000: National Board of Review: Meellr actor revelación (Jamie Bell).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)