Bernardo de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bernardo de Toledo, tamén coñecido como Bernardo de Sedirac, nado en Agen e falecido en Toledo en 1125, foi un monxe cluniacense que serviu nos mosteiros de Auch e Cluny.

No ano 1080 Hugo de Cluny enviouno á Península Ibérica como abade do mosteiro real de Sahagún. Tras a conquista de Toledo foi nomeado (1086) o seu arcebispo e conseguíu do papa Urbano II no 1088 a conversión da sé metropolitana de Toledo en primada de España e no 1093 foi nomeado legado papal para Hispania. O arcebispo Xelmírez e el estiveron en permanente enfrontamento.