Raimundo de Sauvetat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raimundo de Sauvetat
Lugar de nacementoGascuña
Falecemento1152
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónlingüista, tradutor, monge católico romano e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Raimundo de Sauvetat, tamén coñecido como Raimundo de Toledo, nado en Gascuña e finado en Toledo en 1152, foi un relixioso e político castelán.

Catedral de Toledo, sede de Raimundo, en cuxos locais se albergou a Escola de tradutores.

Foi monxe cluniaciense, bispo de Osma (11091125) e, en 1126, tras case dous anos de administrador en sede vacante, foi confirmado como arcebispo de Toledo, cátedra que ocupou até a súa morte, en 1152. En 1130 tamén foi nomeado Chanceler de Castela polo rei Afonso VII, posto que abandonou en 1150, pouco antes da súa morte. Sobre este rei exerceu unha importante influencia, e logrou para a súa diocese importantes legados e privilexios.

Continuou a obra reformadora gregoriana do seu predecesor, Bernardo de Sedirac, impoñendo o rito romano na liturxia e mellorando a moral do clero.

A súa obra máis importante foi o impulso que lle deu á formación da Escola de Tradutores de Toledo, grupo de traballo que incluía a mozárabes, xudeus e profesores da madrasa toledana e a novos pensadores, fundamentalmente monxes cluniacienses.

Mandou reconstruír o palacio episcopal fronte á antiga mesquita maior convertida na Catedral de Santa María, á que deu o seu primeiro estatuto, e deixou unha parte do edificio para a Escola.

A riqueza das bibliotecas toledanas en libros árabes e o coñecemento desta lingua por parte dos cristiáns mozárabes impulsárono a recuperar textos perdidos da Antigüidade clásica e a fomentar a transmisión dos importantes avances da Escola Toledana en medicina, álxebra e astronomía; este empeño cristalizou na tradución de numerosas obras do árabe ao castelán, e do castelán ao latín (ou directamente do árabe ou do grego ao latín) e, pouco a pouco, deu a coñecer tamén a importante filosofía árabe e hebrea de orientación aristotélica, o que supuxo unha renovación radical da escolástica europea.

Entre os tradutores que traballaron nesta primeira época destacaron o mozárabe Domingo Gundisalvo, o xudeoconverso Juan Hispalense, o italiano Gerardo de Cremona e o escocés Miguel Scoto.

A Escola toledana, xa en tempos de Raimundo, adquire fama en toda a cristiandade, xa que tamén se fomentaban os estudos filosóficos e científicos, competindo cos nacentes universidades.

Predecesor:
Pedro de Bourges, O.S.B.
Bispo de Osma
1109 – 1125
Sucesor:
Beltrán
Predecesor:
Bernardo de Sedirac
Arcebispo de Toledo
1126 – 1152
Sucesor:
Xoán de Toledo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Palencia, Á. (1942): El arzobispo don Raimundo de Toledo. Barcelona: Ed. Labor.
  • Sobrino Vázquez, P. (1990): "La Escuela de Traductores de Toledo". Rev. Hispanorama 56.
  • Vernet, J. (1978): La cultura hispanoárabe en Oriente y Occidente. Barcelona: Editorial Ariel.

Outros artigos[editar | editar a fonte]