Salto, Vimianzo
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Salto.
| Salto | |
|---|---|
![]() |
|
| Batáns do Mosquetín | |
| Concello: | Vimianzo |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2004) 840 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 12 |
Santa María de Salto é unha parroquia do concello de Vimianzo, provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela.
Índice |
[editar] Situación xeográfica
Está delimitada por Treos, Tines, Bamiro, Vimianzo e Calo e polo concello de Laxe, distando 3,2 km da capital do concello e sumando 840 habitantes en total. Divídese nos núcleos de Careixo, Castro, Castromil, Reboredo, Señorás, Torelo e Reparada.
[editar] Enclaves naturais
Cabe destacar o monte de San Bartolomeu, con 407 m de altitude e o paso dos ríos Castro e Grande do Porto.
[editar] Historia
Tomando como referencia os restos do poboado galaico de Castro e mámoas en Reparada, pódese asegurar que o poboamento das terras que conforman actualmente esta parroquia, -ao igual que as súas veciñas colindantes- remóntanse polo menos ao 2000 a.C.
Pero é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico arco de medio punto románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a bóveda da sancristía e os capiteis das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo gótico. No 1789 foron engadidos dous retablos máis obra de Francisco Agudín, de estilo neoclásico e outros vestixios coma a Virxe do Rosario, de liñas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no 1956, sendo definitivamente una igrexa de cruz latina.
Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós batáns do Mosquetín, documentados desde o catastro de Ensenada (1753). Estes muiños sitúanse á esquerda do río Grande e suman en total sete máis tres batáns. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o liño e lá. Durante séculos constituíu unha importante industria e os seus servizos eran demandados máis aló dos límites naturais de Soneira. Actualmente están sendo rehabilitados pola Deputación da Coruña co obxectivo de transformalos nun museo.
[editar] Ermidas
Ademais da igrexa principal existen numerosas ermidas distribuídas pola parroquia destacando a de San Bartolomeu no cumio deste monte e as da Virxe Peregrina, Santa Eirena e Santo Antonio.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vimianzo.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Salto
| Lugares da parroquia de Salto no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Careixo | Castro | Castromil | A Costa | A Lagoa | O Mosquetín | Reboredo | Reparada | Salto | Santa Irena | Señoráns | Torelo |
[editar] Parroquias de Vimianzo
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo | |
|---|---|
|
Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo) |
