Benigno Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenigno Campos Melón

en 2016, na Feira do Libro de Vigo.
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1949
Chapela, Redondela
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeiro televisivo
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3428184 Editar o valor em Wikidata

Benigno Campos Melón, nado en Chapela, Redondela, o 7 de agosto de 1949, é un cociñeiro televisivo galego, coñecido pola súa aparición no programa Larpeiros da TVG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Arnaldo e Lucila, estudou o bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo e no Colexio Alba. En 1971 foi facer o servizo militar obrigatorio a Madrid, onde comezou a cociñar. Traballou nunha empresa da construción naval durante trinta e nove anos. En 2008, xa xubilado, chamárono para participar nun programa de cociña na Televisión de Galicia, que acadou grande éxito. O primeiro dos libros de cociña que publicou, en galego, con prólogo de Xosé Cermeño, editado por Galaxia, conseguiu chegar á oitava edición en menos dun ano, vendendo máis de 50 000 exemplares. A Editorial Everest publicou a versión en castelán, esgotándose nunha semana toda a tirada da primeira edición.[1]

Libros publicados[editar | editar a fonte]

  • A cociña de Larpeiros: 150 receitas de Benigno Campos, 2009, Editorial Galaxia.[2]
  • La cocina de Benigno Campos ¿qué vamos a comer hoy?, 2010, Editorial Everest.
  • Novas receitas da cociña de Larpeiros, 2010, Editorial Galaxia.
  • Onde mercan os Larpeiros, 2011, Editorial Galaxia.
  • Volve a cociña de Larpeiros, 2013, Editorial Galaxia.
  • Cociñando con Benigno Campos, 2014, Editorial Galaxia.
  • Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, 2016, Editorial Galaxia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]