Begoña Castellanos García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBegoña Castellanos García
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoGravado Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravadora Editar o valor em Wikidata

Begoña Castellanos García, nada en 1967, é unha deseñadora de moedas española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Begoña Castellanos García, gravadora da Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (RCM-FNMT), de Madrid, igual que o seu marido, Luis José Díaz Salas,[1] é a autora de máis de medio cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro.[2]

En 1993 deseñou a súa primeira moeda, a de 10 pesetas co busto de Joan Miró,[3] e durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas.[2][4]

20 cents de euro (1999).[5]

Coa Chegada do euro, o seu deseño co busto de Miguel de Cervantes foi o escollido para os anversos da serie divisionaria de moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro. De igual xeito, foi a creadora de varias moedas circulantes conmemorativas de dous euros e doutras cuñaxes da RCM-FNMT destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento.[4]

En 2004 ocupouse tamén do deseño de tres moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española.[4][6]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]