Beşiktaş JK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Beşiktaş Jimnastik Kulübü")
Besiktas JK
Logo of Beşiktaş JK.svg
Nome Beşiktaş Jimnastik Kulübü
Alcume(s) Kara Kartallar (Águias Negras)
Fundación 1903
Estadio BJK İnönü, Flag of Turkey.svg Estambul
Inauguración 1947
Capacidade 32.086
Presidente Flag of Turkey.svg Yıldırım Demirören
Adestrador Flag of Portugal.svg Carlos Carvalhal
Liga Superliga de Turquía
2011-12
Vestimenta Adidas
Patrocinador Toyota
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Beşiktaş Jimnastik Kulübü é unha entidade polideportiva da cidade de Estambul, fundada en 1903, popularmente coñecida pola súa sección profesional de fútbol que compite na Superliga de Turquía.

Considerado como un dos 3 clubs deportivos máis laureados de Turquía, mantén unha salientable rivalidade cos outros 2 grandes equipos veciños da cidade de Estambul, o Fenerbahçe SK e o Galatasaray SK. Éstes son os 3 únicos equipos que disputaron tódalas edicións da Süper Lig dende a súa creación en 1956, e que lideran o palmarés da competición.

Estadio[editar | editar a fonte]

O equipo disputa os seus encontros como local no estadio BJK İnönü, inaugurado en 1947, e remodelado por última vez en 2004, que conta con capacidade para acoller a 32.086 seareiros sentados nas bancadas. O recinto está na parte europea da cidade de Estambul, preto do Palacio de Dolmabahçe, á beira do Bósforo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Beşiktaş JK é actualmente o 3º equipo turco de fútbol máis laureado, co seguinte palmarés:

  • Superliga de Turquía (13) = 1956-57, 1957-58, 1959-60, 1965-66, 1966-67, 1981-82, 1985-86, 1989-90, 1990-91, 1991-92, 1994-95, 2002-03, 2008-09
  • Copa de Turquía (9) = 1975, 1989, 1990, 1994, 1998, 2006, 2007, 2009, 2011
  • Supercopa de Turquía (9) = 1967, 1974, 1986, 1989, 1992, 1994, 1998, 2006

Xogadores[editar | editar a fonte]

Simão Sabrosa.
Ricardo Quaresma.

No Beşiktaş JK teñen xogado futbolistas salientables como Nihat Kahveci, Adrian Ilie, John Carew, Guti, Chemo del Solar, Christopher Nusa Ohen, Yordan Letchkov, Daniel Amokachi, Les Ferdinand, Édouard Cissé, Juanfran, Ronny Johnsen e Stefan Kuntz.

Cadro actual
Posto País Xogador
1 POR Flag of Turkey.svg Rüştü Reçber
3 DEF Flag of Turkey.svg İsmail Köybaşı
4 MED Flag of Portugal.svg Manuel Fernandes
5 DEF Flag of Turkey.svg İbrahim Toraman (Cap)
6 DEF República Checa Tomáš Sivok
7 MED Flag of Portugal.svg Ricardo Quaresma
8 MED Austria Veli Kavlak
9 DIA Flag of Portugal.svg Hugo Almeida
10 DIA Flag of Portugal.svg Bébé
11 DIA Flag of Turkey.svg Mustafa Pektemek
13 DEF Alemaña Roberto Hilbert
15 MED Flag of Turkey.svg Mehmet Aurélio
17 MED Austria Ekrem Dağ
18 MED Flag of Turkey.svg Necip Uysal
19 DIA Flag of Turkey.svg Mehmet Akyüz
Posto País Xogador
20 MED Flag of Portugal.svg Simão Sabrosa
21 MED Flag of Turkey.svg Burak Kaplan
22 DEF Flag of Australia.svg Ersan Gülüm
23 DIA Eslovaquia Filip Hološko
24 MED Flag of Portugal.svg Júlio Alves
27 DEF Flag of Brazil.svg Sidnei
28 MED Alemaña Fabian Ernst
33 DIA Flag of Brazil.svg Edu
55 DEF Flag of Turkey.svg Egemen Korkmaz
66 DEF Austria Tanju Kayhan
80 MED Flag of Turkey.svg Muhammed Demirci
90 POR Flag of Turkey.svg Umut Kaya
93 DEF Flag of Turkey.svg Atınç Nukan
99 POR Flag of Turkey.svg Cenk Gönen

Outras seccións[editar | editar a fonte]

O Beşiktaş Jimnastik Kulübü conta con seccións deportivas de atletismo, boxeo, xadrez, ximnasia, remo, voleibol, tenis de mesa, loita e baloncesto, sento esta sección a segunda en importancia dentro do club.

Ver: Beşiktaş Cola Turka.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]