Christopher Nusa Ohen
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Christopher Nusa Ohenhen | ||
| Nacemento | 14 de outubro de 1970 (42 anos) | ||
| Lugar | Benin City, Nixeria | ||
| Altura | 1,82 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Julius Berger | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1988–1989 | Julius Berger | ||
| 1989–1991 | Real Madrid B | 19 | (8) |
| 1991–2001 | Compostela | 196 | (70) |
| 1998–1999 | → Beşiktaş (cedido) | 17 | (10) |
| 2001–2002 | Leganés | 3 | (0) |
| 2002 | Julius Berger | ||
| Selección nacional | |||
| Nixeria sub-21 | |||
| 1997 | Nixeria | 1 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Christopher Nusa Ohenhen, nado o 14 de outubro de 1970 en Benin City, é un ex futbolista nixeriano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección nixeriana.
Índice |
Traxectoria[editar]
Comezou xogando no seu país no Julius Berger e, tras destacar no Mundial Xuvenil de 1989 foi contratado polo Real Madrid, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo, destacando nas categorías inferiores. En 1991 recalou na SD Compostela, coa que consegue o ascenso á Primeira División na temporada 1993/94. Xogará no Compostela os catro anos que o equipo permanecerá na máxima categoría do fútbol español, convertíndose no máximo goleador da súa historia na Primeira División.
Tras unha frouxa temporada e lastrado polas lesións o equipo descenderá á Segunda División e el marchará cedido ao Besiktas, onde seguirán os seus problemas musculares, perdéndose unha temporada e media. Voltará a xogar na Segunda División co Compostela e rematará a súa carreira en Europa xogando uns poucos partidos co Leganés, para voltar ao seu equipo de orixe a retirarse no ano 2002.
Estatísticas[editar]
| temp. | club | país | liga | part. | goles |
|---|---|---|---|---|---|
| 1988/89 | Julius Berger | Nixeria | Liga Nixeriana | -- | -- |
| 1989/90 | CD Castellón | España | Segunda División | 0 | 0 |
| 1990/91 | CD Castellón | España | Segunda División | 0 | 0 |
| 1991/92 | SD Compostela | España | Segunda División | 5 | 0 |
| 1992/93 | SD Compostela | España | Segunda División | 23 | 7 |
| 1993/94 | SD Compostela | España | Segunda División | 34 | 13 |
| 1994/95 | SD Compostela | España | Primeira División | 31 | 14 |
| 1995/96 | SD Compostela | España | Primeira División | 34 | 11 |
| 1996/97 | SD Compostela | España | Primeira División | 33 | 17 |
| 1997/98 | SD Compostela | España | Primeira División | 19 | 6 |
| 1998/99 | Besiktas | Turquía | Primeira División Turca | 17 | 10 |
| 2000/01 | SD Compostela | España | Segunda División | 17 | 2 |
| 2001/02 | CD Leganés / Julius Berger | España / Nigeria | Segunda División | 3 | 0 |
| Total | 216 | 80 |