Bambi (EP)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bambi
Álbum de Baekhyun
Publicado30 de marzo de 2021
Duración22:03
Xénero(s)R&B
Selo(s)SM Entertainment
Cronoloxía
Delight
(2020)
Bambi

Bambi é o terceiro EP do cantante surcoreano Baekhyun. O disco lanzouse o 30 de marzo de 2021 pola compañía SM Entertainment. A versión física se pode atopar en catro versións distintas: Bambi, Night Rain, Dreamy e Misty.

Antecedentes e lanzamento[editar | editar a fonte]

O 5 de marzo de 2021, SM Entertainment anunciou que o cantante estaba a preparar o seu novo álbum en solitario que se lanzaría a finais de marzo, xusto antes do seu alistamento no servizo militar obrigatorio. O 11 de marzo publicouse a primeira imaxe teaser, xunto co nome do disco e a data de lanzamento. Do 15 ao 28 de marzo, publicáronse con regularidade fotos e vídeos teaser.

Promoción[editar | editar a fonte]

Unha hora antes do lanzamento do vídeo musical e do álbum, Baekhyun fixo unha transmisión en vivo a través de V Live, promocionando e falando sobre o disco. O 9 de abril, Baekhyun obtivo a súa primeira vitoria en Music Bank co sinxelo «Bambi». En contraste cos seus anteriores temas, Baekhyun non presentou a canción en ningún programa musical debido ao seu alistamento no servizo militar.

Éxito comercial[editar | editar a fonte]

O 30 de marzo, horas antes do lanzamento de Bambi, informouse que dito álbum logrou superar as 833 392 copias vendidas en prevenda, converténdose no seu mellor disco ata o momento e no álbum máis solicitado nunha prevenda por un solista na historia de Corea do Sur. Pouco despois do seu lanzamento, Bambi logrou acadar o posto número un en iTunes en 60 países e arrasou en numerosas listas nacionais. Debutou no primeiro posto de Gaon Album Chart. Eventualmente converteuse no disco máis vendido de marzo de 2021 en dita lista cun total de 591 994 copias malia que só pasaron dous días dende o seu lanzamento. O 19 de abril anunciouse que o álbum superou o millón de vendas, converténdose no segundo álbum de Baekhyun en alcanzar dito logro tras Delight (2020).

O disco tamén acadou o éxito internacional, acadando o posto número quince de Billboard World Album Chart. Na China acumulou 1 millón de yuanes en QQ Music tras unha hora de ser lanzado, convertendo a Baekhyun no primeiro cantante masculino coreano en recibir unha certificación Dobre Platino en 2021.

Bambi
N.º Título Duración
1. "Love Scene"   3:37
2. "Bambi"   3:33
3. "All I Got"   4:00
4. "Amusement Park" (놀이공원) 4:17
5. "Privacy"   3:07
6. "Cry for Love"   3:31
22:03

Posicionamento en listas[editar | editar a fonte]

Listas semanais[editar | editar a fonte]

Lista (2021) Mellor posición
Xapón (Oricon)[1] 8
Corea do Sur (Gaon)[2] 1
Reino Unido Reino Unido (OCC)[3] 34

Lista mensual[editar | editar a fonte]

Lista (2021) Mellor posición
Corea do Sur (Gaon)[4] 1

Historial de lanzamento[editar | editar a fonte]

País Data Formato(s) Distribuidora
Corea do Sur 30 de marzo de 2021 CD, descarga dixital SM Entertainment, Dreamus
Varios Descarga dixital SM Entertainment

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "週間 アルバムランキング 2021年04月19日付". Oricon (en xaponés). 19 de abril de 2021. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  2. "Gaon Album Chart – Week 14, 2021". Gaon Chart (en coreano). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  3. "Official Album Downloads Chart Top 100". Official Charts Company (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2021. 
  4. "2021년 03월 Album Chart". Gaon (en coreano). Consultado o 6 de maio de 2021.