Baekhyun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBaekhyun

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ko) 변백현 Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Wonmi-gu, Corea do Sur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Sur Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Kyung Hee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,74 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actor de televisión , cantautor , compositor de cancións , bailarín , modelo , deseñador de moda , actor , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
EXO
SM Town (pt) Traducir
EXO-CBX (pt) Traducir
EXO-K (en) Traducir
SuperM (leader (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoK-pop, R&B contemporâneo (pt) Traducir, música pop, balada e sentimental ballad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana e lingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSM Entertainment
Avex trax
Capitol Records Editar o valor em Wikidata

Páxina webbaekhyun.smtown.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm6050280 Twitter: B_hundred_Hyun Instagram: baekhyunee_exo Youtube: UCUyr5000laFgF79tWJB3rXQ Spotify: 4ufh0WuMZh6y4Dmdnklvdl Last fm: BAEKHYUN Musicbrainz: 7593e0e2-fc1c-4855-a645-731c7504e16b Discogs: 4162645 Editar o valor em Wikidata

Byun Baek-hyun, nado en Bucheon, Corea do Sur, o 6 de maio de 1992, máis coñecido coma Baekhyun (백현), é un cantante, bailarín e actor surcoreano. Debutou en 2012 no grupo surcoreano EXO, dentro da subunidade EXO-K xunto a outros 5 membros e máis tarde en EXO-CBX, xunto a Chen e Xiumin. Tamén é o líder do grupo colaboración SuperM. [1]

Tras participar co seu grupo de xeito activo, Baekhyun debutou coma artista en solitario co lanzamento do miniálbum City Lights (2019). O EP foi un éxito comercial, vendendo un total de máis de medio millón de copias e converténdose no álbum dun artista surcoreano máis vendido na década de 2010. Delight (2020), foi o seu segundo EP, co que vendeu máis dun millón de copias, converténdose no primeiro disco dun solista surcoreano en facelo en 19 anos. En abril de 2021 repetiu o seu logro con Bambi, vendendo máis dun millón de copias por segunda vez consecutiva.[2] Foi catalogado coma o «Ídolo xenio». [3]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu o 6 de maio de 1992 en Bucheon, Provincia de Gyeonggi, sete anos despois do seu irmán maior Byun Baek-Beom.[4] Collendo insipración do cantante Rain, Baekhyun comezou a súa traxectoria ata converterse en cantante á idade de once anos, cando comezou o seu adestramento.[5] Durante o seu tempo na Escola Secundaria de Jungwon na súa cidade natal, Baekhyun destacouse como o vocalista dunha banda, que gañou un festival musical local. Ademais, recibiu clases de piano impartidas por Kim Hyun-woo de DickPunks.[6] Ademais das súas actividades musicais, durante a súa mocidade, Baekhyun tamén se adestrou en artes marciais e logrou alcanzar o grao de cinto negro en hapkido.[7]

Mentres preparaba o exame de ingreso á Escola de Artes de Seúl, foi captado por un axente da compañía SM Entertainment. Posteriormente, en 2011, ingresou á compañía mediante o SM Casting System.

Carreira[editar | editar a fonte]

2012-2017: Debut e inicio da carreira[editar | editar a fonte]

O 30 de xaneiro de 2012, Baekhyun foi revelado oficialmente coma membro do grupo EXO.[8] O grupo debutou en abril de 2012 e dende entón gañou unha significativa popularidade e un marcado éxito comercial.

En abril de 2015, Baekhyun lanzou a súa primeira canción en solitario, «Beautiful», parte da banda sonora do drama do seu grupo EXO Next Door. Foi a primeira banda sonora dun web drama en alcanzar posicións destacadas en varias listas musicais.[9] En maio do mesmo ano, revelouse que Baekhyun sería o protagonista da película Dokgo, compartindo pantalla co actor Yeo Jin-goo.[10] De todas formas, a produción de dita película foi cancelada en xaneiro de 2016.[11] En decembro, Baekhyun rendeu unha homenaxe ao defunto cantante Kim Hyun-sik ao interpretar a súa canción «Like Rain Like Music» no programa musical SBS Gayo Daejeon. A actuación foi tan apreciada que posteriormente a súa versión publicouse de xeito dixital. [12]

En xaneiro de 2016, Baekhyun e Suzy lanzaron un dueto titulado «Dream». A canción rapidamente converteuse nun éxito comercial, alcanzando o primeiro lugar no Gaon Dixital Chart.[13][14] Ademais do seu éxito nas listas, tamén logrou cinco vitorias en Music Bank e Inkigayo. En abril, Baekhyun foi galardoado co premio chinés YinYueTai V-Chart, sendo recoñecido coma o cantante máis popular de Corea do Sur. En maio, Baekhyun e K.Will lanzaron un dueto titulado «The Day» como parte do proxecto "SM Station".[15] En agosto, debutou coma actor de televisión no drama Moon Lovers: Scarlet Heart Ryeo, que lle valeu un premio nos SBS Drama Awards.[16] Tamén participou nunha colaboración cos seus compañeiros de grupo Chen e Xiumin, «For You», para o mesmo drama.[17] En outubro, Baekhyun, xunto cos seus compañeiros mencionados anteriormente, formaron a subunidade EXO-CBX. O seu debut tivo lugar o día 31 de outubro co lanzamento do miniálbum titulado Hey Mama.[18] En novembro, Baekhyun participou nun torneo do videoxogo League of Legends, o 2016 SM Super Celeb League, organizado pola súa compañía. Neste torneo, el e o seu compañeiro de empresa, Heechul, competiron xunto a xogadores profesionais e fanáticos de Corea do Sur e China. [19]

En febreiro de 2017, Baekhyun e Soyou realizaron un dueto titulado Rain.[20] A canción alcanzou o primeiro lugar en varias listas musicais e conseguiu o denominado all-kill, convertendo a Baekhyun no primeiro artista da súa empresa en acadar este logro. Ademais, en abril, Baekhyun lanzou un sinxelo titulado «Take You Home» para a segunda tempada de SM Station.[21] A canción acadou o posto número dezanove no Gaon Dixital Chart.

2018-2021: Debut coma solista e SuperM[editar | editar a fonte]

O 5 de febreiro de 2018, Baekhyun interpretou o Himno Nacional de Corea do Sur durante a cerimonia de apertura da 132ª Sesión do Comité Olímpico Internacional. Neste evento, presentouse frente a Moon Jae-in, o expresidente de Corea do Sur, e Lee Hee-beom, presidente do Comité Organizador dos Xogos Olímpicos de Pyeongchang 2018.[22] En agosto de 2018, colaborou co rapeiro Loco para lanzar o título «Young» como parte do proxecto SM Station X 0.[23] O dueto acadou o cuarto posto da lista World Digital Song Sales.[24]

Baekhyun en Lotte Family Concert en xuño de 2018.

O 10 de xuño de 2019, anunciouse que Baekhyun debutaría coma solista en xullo, converténdose no terceiro integrante de EXO en facelo.[25] Revelouse que o cantante debutaría cun EP titulado City Lights, lanzado o 10 de xullo. O EP converteuse no álbum máis vendido de xullo de 2019 na lista de álbums de Gaon, cun total de 508,321 copias. Eventualmente, o disco vendeu máis de 576,029 copias, converténdose no álbum solista máis vendido en Corea do Sur desde Hestory (2003) de Kim Gun-mo, ata que rompeu o seu propio récord co miniálbum Delight ao ano seguinte. O 7 de agosto, confirmouse a participación de Baekhyun coma membro de SuperM, un «supergrupo de K-pop» formado por SM Entertainment en colaboración con Capitol Records.[26] As promocións do grupo comezaron en outubro, dirixidas principalmente ao mercado estadounidense.[27] O 4 de decembro, Baekhyun recibiu o premio ao mellor artista masculino nos Mnet Asian Music Awards en recoñecemento ao éxito do seu álbum City Lights e o seu sinxelo «UN Village».[28]

Baekhyun lanzou a canción "My Love", para a banda sonora do drama Dr. Romantic 2, o 7 de xaneiro de 2020.[29] Ao mes seguinte colaborou na banda sonora de Hyena, coa canción "On the Road", lanzada oficialmente o 29 de febreiro, a través de Danal Entertainment.[30] O 22 de abril de 2020, anunciouse que Baekhyun regresaría en solitario co seu segundo mini álbum a finais de maio.[31] O 7 de maio lanzouse a canción "Leo" de Bolbbalgan4, na que Baekhyun participou coma artista convidado.[32] O 25 de maio, Baekhyun lanzou Delight, xunto co sinxelo " Candy ". O EP obtivo máis de 732.000 copias anticipadas, polo que se converteu no álbum máis esperado dun artista en solitario na historia de Corea do Sur.[33] O 1 de xullo, anunciouse que o álbum vendera máis dun millón de copias, polo que acadou o logro de ser o primeiro álbum dun solista surcoreano en facelo dende Another Days (2001) de Kim Gun-mo.[34] Nese mesmo mes, lanzou unha versión da canción da cantante BoA "Garden in the Air" como parte dun proxecto para celebrar o vixésimo aniversario da cantante.[35] Máis tarde, en 2020, lanzou dúas bandas sonoras, "Every Second" para Record of Youth e "Happy" para Do You Like Brahms? . O 6 de decembro, Baekhyun obtivo o premio "Mellor artista masculino" nos Mnet Asian Music Awards por segundo ano consecutivo.[36] Máis tarde, en decembro, lanzou un sinxelo dixital titulado "Amusement Park". [37]

O 3 de xaneiro de 2021, Baekhyun realizou o seu primeiro concerto en solitario, Baekhyun: Light, transmitido dixitalmente a través de Beyond Live debido a restriccións relacionadas coa pandemia de COVID-19. O concerto contou con 110.000 espectadores de 120 países diferentes.[38] Un día máis tarde, lanzou "Get You Alone", o sencillo principal do seu EP debut xaponés. O disco obtivo unha certificación de ouro por parte da Recording Industry Association of Japan.[39] O 30 de marzo do mesmo ano, o cantante lanzou o seu terceiro EP en coreano, Bambi.[40]

2023-presente: Demanda a SM Entertainment[editar | editar a fonte]

O 1 de xuño, anunciouse que Baekhyun xunto a Chen e Xiumin, aunlarían os seus contratos con SM para máis tarde presentar unha demanda en relación coa transparencia de ingresos.[41] En resposta, SM confirmou que os tres integrantes estaban estudando a forma de seguir promocionándose coma mebros de EXO tras os resultados da demanda.[42] O 19 de xuño, anunciouse que o conflito se resolveu e os tres seguirían formando parte da axencia.[43]

Moda e anuncios[editar | editar a fonte]

En maio de 2018, Vogue revelou que Baekhyun colaboraría con Privé para lanzar a súa propia marca denominada Privé by BBH. Baekhyun agora é o director cocreativo da marca.[44] Nunha entrevista con Forbes, Baekhyun explicou que o seu obxectivo é alentar ás persoas a abrazar a valentía.[45]

En setembro de 2020, foi anunciado coma embaixador da marca Burberry. Ademais, logrou converterse no primeiro artista masculino de K-Pop en lograr a aparición en solitario na revista Harper's Bazaar Korea, na edición de outubro.[46] Tamén logrou converterse en embaixador da marca Life Pharm.[47]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En xuño de 2014, SM Entertainment confirmou a relación sentimental entre Baekhyun e Taeyeon de Girls' Generation.[48] En setembro de 2015, a axencia confirmou a súa ruptura.[49]

Discografía[editar | editar a fonte]

EP[editar | editar a fonte]

  • 2019: City Lights
  • 2020: Delight
  • 2021: Baekhyun
  • 2021: Bambi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SM Ent. to introduce SuperM in Oct.". Korea Joongang Daily (en inglés). 9 de agosto de 2019. Consultado o 26 de octubre de 2019. 
  2. Herman, Tamar (1 de julio de 2020). "EXO's Baekhyun's 'Delight' Makes South Korean History With Over 1 Million Copies Sold". Forbes. Consultado o 1 de julio de 2020. 
  3. "Baekhyun On His Sweet Single "Candy" & 'Delight'". Grammy (en inglés). 29 de mayo de 2020. Consultado o 1 de septiembre de 2020. 
  4. "10asia EXO-K Interview". 10asia. Arquivado dende o orixinal o 13 de octubre de 2016. Consultado o 27 de noviembre de 2019. 
  5. "#Baekhyun Full Interview". ELLE Korea (en coreano). 19 de octubre de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de octubre de 2016. Consultado o 20 de febrero de 2016. 
  6. "EXO’s Baekhyun Learned How to Seduce Women from DickPunk’s Hyun Woo". Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febrero de 2016. 
  7. "EXO's BaekHyun demonstrates his black belt hapkido kicks". Consultado o 20 de enero de 2016. 
  8. "SM新团Exo首支单曲《What Is Love》MV曝光". Sina.com (en chinés). 30 de enero de 2012. Consultado o 24 de abril de 2012. 
  9. "Baekhyun's "Beautiful" Becomes First Web Drama OST to Top Charts". Soompi. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2015. Consultado o 17 de enero de 2016. 
  10. "EXO’s Baekhyun and Yeo Jin Goo Confirmed to Star in New Action Film". Soompi. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2018. Consultado o 6 de diciembre de 2014. 
  11. "짬툰 측 "여진구·백현 '독고' 영화출연 아냐" 번복 사과". mydaily.co.kr (en coreano). 7 de enero de 2016. Consultado o 19 de enero de 2016. 
  12. "엑소 백현, 짙은 감성으로 '비와 음악처럼' 재해석 [SBS 가요대전]". Chosun (en coreano). Consultado o 1 de enero de 2016. 
  13. "Baekhyun and Suzy's 'Dream' slays real-time charts with an all-kill!". Allkpop. Consultado o 11 de enero de 2016. 
  14. "Gaon Digital Chart - Week 2 2016". Gaon Music Chart (en coreano). Consultado o 30 de enero de 2016. 
  15. "케이윌X백현, ‘The Day' 오늘 밤 음원+뮤비 전격 공개" (en coreano). Consultado o 17 de abril de 2017. 
  16. "Winners of 2016 SAF SBS Awards". Soompi. 31 de diciembre de 2016. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 1 de enero de 2017. 
  17. kminjungee (24 de agosto de 2016). "Watch: EXO’s Chen, Baekhyun, And Xiumin Sing Of Devoted Love For "Scarlet Heart: Goryeo"". Soompi. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2016. 
  18. SMTOWN_EN. "[Vyrl] SMTOWN_EN : #EXO's first unit #EXO-CBX 1st mini album 'Hey Mama!' drops Oct 31, 0A". Arquivado dende o orixinal o 28 de octubre de 2019. 
  19. "'김희철-백현' 참여! 팬과 함께 하는 중국 LoL 이벤트전". inven.co.kr. 3 de noviembre de 2016. 
  20. "소유X백현 역대급 듀엣송 '비가와'로 음원차트 공습하나" (en coreano). 
  21. "백현, SM스테이션 두번째 주자…2년만의 솔로곡 '바래다줄게'". Xsports News (en coreano). 
  22. "EXO's Baekhyun sings the national anthem: then and now". SBS PopAsia (en inglés). Consultado o 1 de septiembre de 2020. 
  23. "[단독] 백현X로꼬, 컬래버 신곡 발표…톱아이돌과 대세 래퍼의 만남" (en coreano). Consultado o 23 de julio de 2018. 
  24. "Baekhyun - Chart history". Billboard. Consultado o 4 de septiembre de 2020. 
  25. Benjamin, Jeff (10 de junio de 2019). "EXO's Baekhyun Set to Release Debut Solo Album". Billboard. Consultado o 11 de junio de 2019. 
  26. "SM Entertainment and Capitol Records Team Up to Launch Super M". Billboard. 8 de agosto de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  27. Jeff Benjamin (7 de agosto de 2019). "Super M, 'The Avengers Of K-Pop,' Unveiled By SM Entertainment And Capitol Music Group". Forbes. Consultado o 14 de agosto de 2019. 
  28. "[2019 MAMA] 엑소 백현·청하, 남녀가수상 수상 "팬들 너무 감사해"". Chosun (en coreano). 4 de diciembre de 2019. Consultado o 5 de diciembre de 2019. 
  29. "엑소 백현, '김사부2' OST 첫 번째 주자 "오늘 오후 6시 공개" [공식]". TV Report (en coreano). 7 de enero de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  30. "[단독]엑소 백현, '하이에나' OST 부른다…'김사부2' 이어 대세 행보". Naver (en coreano). 10 de febrero de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  31. "엑소 백현, 솔로로 5월 가요계 컴백..10개월만에 또 역대급 기록 쓸까". Naver (en coreano). 22 de abril de 2020. Consultado o 22 de abril de 2020. 
  32. "볼빨간사춘기 "엑소 백현과 컬래버 내가 부탁, 덕분에 꿈 이뤄 만족"". Naver (en coreano). Consultado o 13 de mayo de 2020. 
  33. "엑소 백현, 두 번째 솔로앨범 선주문량 73만장 돌파…자체 최고". Naver (en coreano). Consultado o 25 de mayo de 2020. 
  34. "엑소 백현, 그룹 이어 솔로도 '밀리언셀러' 등극…서태지 이후 20년만". Naver (en coreano). Consultado o 1 de julio de 2020. 
  35. "Press Release: BAEKHYUN's 'Garden In The Air', the first song of 'Our Beloved BoA', will be released on the 31st at 6PM KST". SM Entertainment. 31 de julio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2020. Consultado o 4 de septiembre de 2020. 
  36. "BTS, Blackpink, Twice, NCT: winners and highlights from Mama 2020, K-pop’s biggest award show". South China Morning Post. 7 de diciembre de 2020. Consultado o 21 de diciembre de 2020. 
  37. "엑소 백현, 21일 솔로곡 '놀이공원' 발표". Daum. Consultado o 17 de diciembre de 2020. 
  38. "EXO member Baekhyun's online concert draws 110,000 viewers: agency". The Korea Herald. 4 de enero de 2021. Consultado o 6 de enero de 2021. 
  39. "Recording Industry Association of Japan, February 2021". www.riaj.or.jp. Consultado o 10 de enero de 2021. 
  40. "[단독]엑소 백현, 원톱 솔로가 돌아온다..3월 말 새 앨범 컴백". n.news.naver.com. Consultado o 10 de marzo de 2021. 
  41. Puah Ziwei (1 de junio de 2023). "EXO's Baekhyun, Xiumin and Chen to terminate contracts with SM Entertainment". NME (en inglés). Consultado o 1 de junio de 2023. 
  42. "EXO’s Baekhyun, Xiumin, And Chen refute SM Entertainment's claims of ‘third party’ influence". Hindustan Times (en inglés). 2 de junio de 2023. Consultado o 2 de junio de 2023. 
  43. "엑소 백현, SM과 합의심경.."믿어줘 고맙고 힘들게 해 미안해"". Chosun (en coreano). 19 de junio de 2023. Consultado o 2 de julio de 2023. 
  44. "Introducing Privé by BBH, a Unisex Streetwear Label From EXO’s Baekhyun: Exclusive". 6 de mayo de 2018. Consultado o 7 de mayo de 2018. 
  45. Briones, Isis. "Exclusive Photos: Everyone's Favorite K-Pop Star Is Dropping Another Streetwear Collection". Forbes (en inglés). Consultado o 1 de septiembre de 2020. 
  46. @weareoneEXO (17 de septiembre 2020). "Baekhyun, the ambassador of 'Burberry' reveals cover & photos for 'Harper's Bazaar' October issue" (Chío). Consultado o 17 de septiembre de 2020 – vía Twitter. 
  47. "엑소 백현, 생활약속 엠버서더 발탁". Hankyung (en coreano). Consultado o 28 de enero de 2021. 
  48. jun2yng. "Updated: SM Confirms, Girls’ Generation Taeyeon and EXO Baekhyun Are Dating". Soompi. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 31 de enero de 2016. 
  49. "Taeyeon and Baekhyun reported to have broken up". Allkpop. Consultado o 31 de enero de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]