Balbino Fernández Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBalbino Fernández Fernández
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Balbino Fernández Fernández foi un sacerdote, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto de Tapia de Casarego e despois nos seminarios de Lugo, Oviedo e Santiago de Compostela.[1] Sendo estudante de Teoloxía no seminario de Lugo, publicou en 1893 o folleto La Concepción Inmaculada de María: Apuntes histórico dogmático-apologéticos, que fora publicado por El Lucense en folletín.[2] Foi párroco de Baleira e a partir de abril de 1911 da Fonsagrada,[3] onde fundou os periódicos El Eco de Burón e El Buronés. Dende 1924 foi párroco de San José de Xixón.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 6-5-1911, p. 1.
  2. El Lucense, 3-5-1893, p. 3.
  3. La Voz de la Verdad, 26-4-1911, p. 2.
  4. El Progreso, 10-7-1927, p. 2.