Bakesale é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rockSebadoh, publicado o 23 de agosto de 1994[1] a través do selo Sub Pop Records. É o primeiro disco de Sebadoh lanzado tras a marcha do membro fundador Eric Gaffney, aínda que gravou a batería en catro dos temas do traballo nunha sesión con Bob Weston como enxeñeiro. Tara Jane O'Neil colaborou coa batería en tres cancións. Bob Fay, que anteriormente substituíra a Gaffney, uniuse oficialmente á banda para este álbum. A portada é unha fotografía de Lou Barlow nu cando tiña un ano de idade sacada pola súa nai.