Baciláceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bacillaceae»)

As baciláceas (Bacillaceae) son unha familia de bacterias grampositivas, heterótrofas, con forma típica de bacilo, que poden producir endósporas.[1] Os membros con motilidade desta familia caracterízanse por ter unha flaxelación peritrica (moitos flaxelos situados arredor de toda a célula). Algunhas Bacillaceae son aerobias, mentres que outras son anaerobias facultativas ou anaerobias estritas. A maioría das especies non son patóxenas, pero no xénero Bacillus hai especies que causan enfermidades en humanos, como B. anthracis.

Aínda que as baciláceas son tipicamente bacilos, hai unha excepción, o xénero Saccharococcus[2], que son cocos que foron illados na extracción do azucre de remolacha.[3]

Forma de vida[editar | editar a fonte]

Nesta familia hai especies útiles, como as que se empregan no tratamento do liño e outras patóxenas para o home e animais, como Bacillus anthracis. Todas as Bacillaceae presentan o mesmo modo de vida. Na natureza, sobre todo no solo, existe unha grande reserva de esporas en estado de latencia. Se pola presenza de alimento adecuado se induce a xerminación dunha espora, pode producirse unha rápida multiplicación ata que se esgota o alimento; entón poden formarse de novo esporas que pasan a incrementar a reserva natural. Esta breve fase de multiplicación ten lugar nos restos de animais e vexetais e nos alimentos e tecidos animais como ocorre nas especies patóxenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology (2 ed.), Volume 3. 2008. The low G + C Gram-positive Bacteria. Editors: De Vos, P., Garrity, G., Jones, D., Krieg, N.R., Ludwig, W., Rainey, F.A., Schleifer, K.-H. and W.B. Whitman. ISBN 0-387-95041-9
  2. List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (ver Firmicutes/Bacilli/Bacillales/Bacillaceae [1] Arquivado 22 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
  3. List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature Saccharococcus Arquivado 04 de novembro de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]