Bóxer (can)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bóxer.
Un can da raza bóxer.

Bóxer é unha raza de can de medio porte e pelaxe curta, de cor marrón ou tigrada, e de mandíbula prominente e cadrada. Os bóxers tamén poden ser completamente brancos, malia que os cans desa variación padecen polo xeral de xordera, e adoitan non estar recoñecidos como tales por algunhas asociacións de criadores. Foron desenvolvidos en Alemaña, ao longo do século XIX. Pertencen á categoría dos Molosoides, ao lado de razas coma o Bulldog ou o Bullmastiff, entre outros.

Índice

[editar] Fisionomía e características

A súa cabeza é proporcional ao corpo, que ten costas curtas e membros poderosos. Os ollos son castaños ou mouros. O corte das orellas e do rabo continúa sendo unha práctica común. O corte do rabo debe ser feito nos primeiros días de vida. Un bóxer macho adulto pesa, tipicamente, arredor dos 33 quilos, e mide aproximadamente 61 centímetros. As femias arredor de 28 quilos e 57 cm.

Os bóxers son unha raza enerxética e brincallona, e tenden a ser moi apropiados no trato cos cativos. O seu adestramento recoméndase en tenra idade, pois os bóxers acostuman ter personalidade forte, facendo que o seu adestramento sexa considerabelmente máis dificil despois de que o can deveña adulto. Os bóxers son cans pacientes cos pícaros, intelixentes e moi ligados aos seus donos. Considéranse bos cans de garda, desde que reciban adestramento adecuado.

Aínda que o bóxer precise de exercicios para manterse en forma, hai relatos a esgalla de bóxers que viven ben en hábitats urbanos. O ideal é que o can teña algunha actividade física frecuente, como paseos diarios. Os cans da raza bóxer considéronse cans de fácil manutención, alén de afectuosos, confiábeis, intelixentes, atléticos e fieis.

[editar] Potenciais problemas de saúde

Os bóxers son suceptíbeis a tumores. Entre os seus posíbeis problemas tamén está a displasia. Os donos de bóxer pódense sentir tentados a escoller outra raza de cachorros por mor da potenciais problemas de saúde, mais deben saber que a incidencia desas doenzas non é alta, e ao se comprar o can dun criador ético, que prové certificados de saúde para os seus exemplares, medran salientabelmente as oportunidades de ter un animal moito saudábel.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais