Avelino Méndez Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvelino Méndez Suárez
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Vilacova, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Avelino Méndez Suárez, coñecido como Asturiano, nado en Oviedo cara a 1914 e finado en Vilacova (Lousame) o 24 de abril de 1939, foi un mineiro e sindicalista anarquista asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instalado en Lousame, pertenceu ao Sindicato Minero y Profesiones Varias das minas de San Fins. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña. Logo fuxiu ao monte. Formou parte do grupo de guerrilleiros comandado por Ramón Rodríguez Varela no que se integraron Celestino Horta Resúa, Hilario Arroyo, Manuel Fernández Valle, Abdón de Ces e José Dias, que actuaron en Lousame. Logo dun atraco nas minas o 14 de abril de 1937 tentaron marchar cara Asturias. Ao non conseguilo volveron a Lousame e seguiron agochados no monte. Avelino foi asasinado nunha galería na que se agochaba na Fionsa polo cabo da Garda Civil Ríos, destacado nas minas de San Fins, o 24 de abril de 1939.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]