Vilacova, Lousame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilacova
Igrexa parroquial
ConcelloLousame[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°46′48″N 8°48′32″O / 42.78, -8.809Coordenadas: 42°46′48″N 8°48′32″O / 42.78, -8.809
Poboación354 hab. (2020)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Eulalia de Vilacova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 354 habitantes (179 homes e 175 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada ao leste do Concello. Limita ao norte con Toxos Outos, ao sur con Fruíme, ao leste con Rois e ao oeste con Lousame e Lousame. Está situada no curso alto do val do río Vilacova, que nace no monte Murallapreto da aldea de Xestoso. Os cumios máis altos están no monte de Siroña, con altitudes entre os 400 e os 537 m. O monte da Afeosa ten tamén máis de 400 m.

As terras desta parroquia están destinadas a uso forestal e de prado para o gando.

Hai restos de explotación mineira anterior á época da romanización. Máis recentes son as minas de San Fins, de grande importancia na primeira metade do século XX. A mina recibía enerxía eléctrica da minicentral eléctrica de Pías, no río Vilacova, entre Vilacova e Servia, que aínda está en funcionamento.

A igrexa parroquial está en Vilacova.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilacova[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilacova no concello de Lousame (A Coruña)

Comparada | A Fiosa | Froxán | Marselle | As Minas de San Fins | Servia | Silvarredonda | Vilacova | Vilar de Reconco | Xestoso

Parroquias de Lousame[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]