Hilario Arroyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHilario Arroyo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata (115/116 anos)
Roa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Hilario Arroyo Maestre,[1] coñecido como Moreno, nado en Roa (Burgos) en 1908, foi un mineiro e sindicalista anarquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instalado en Lousame, foi presidente do "Sindicato Minero y Profesiones Varias" nas minas de San Fins. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña. Cando A Coruña caeu definitivamente, vírono no Mesón do Vento con Enrique Fernández Maneiro e Abdón de Ces. Fuxiu ao monte. Foi xulgado na Coruña por rebelión e declarado en rebeldía. As autoridades da ditadura emitiron unha requisitoria en xaneiro de 1937.[2] Estivo agochado nos montes de Lousame, Padrón e Boiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo algunhas fontes o seu nome era Hilario Arroyo Medina
  2. El Pueblo Gallego, 30-1-1937, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]