Baixo Vouga
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baixo Vouga é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. Os municipios que a forman pertencen ao Distrito de Aveiro. Limita ao norte coas subrexións do Grande Porto e Entre Douro e Vouga, ao leste coa de Dão-Lafões, ao sur coa de Baixo Mondego, e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue un área de 1.802,3km² e conta cunha poboación de 390.840 habitantes (2011[1]). A súa capital é Aveiro.
Concellos[editar]
Comprende 11 concellos:
- Águeda
- Albergaria-a-Velha
- Anadia
- Aveiro
- Estarreja
- Ílhavo
- Murtosa
- Oliveira do Bairro
- Ovar
- Sever do Vouga
- Vagos
No Baixo Vouga localízanse 10 cidades: Albergaria-a-Velha, Águeda, Anadia, Aveiro, Esmoriz (municipio de Ovar), Estarreja, Gafanha da Nazaré (municipio de Ílhavo), Ílhavo, Oliveira do Bairro e Ovar.
Comprende a parte correspondente á boca da conca do Río Vouga.