Autoorganización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autómata celular xerado mediante a "regra 30", de Stephen Wolfram

A autoorganización é un fenómeno de adquisición crecente de orde nun proceso no que a organización interna dun sistema, xeralmente aberto, aumenta de complexidade sen ser guiada por ningún axente externo. Normalmente, os sistemas autoorganizados exhiben propiedades emerxentes.

A autoorganización significa polo tanto unha evolución contraria ao aumento da entropía, necesitando unha disipación de enerxía que servirá para manter tal organización interna.

A autoorganización é obxecto de estudo interdisciplinar, pois é unha propiedade característica dos sistemas complexos, xa sexan estes matemáticos, físicos, químicos, biolóxicos, sociais ou económicos.

Historia da idea[editar | editar a fonte]

Os antigos atomistas creron xa que, dadas unhas condicións espaciais e temporais suficientes, a autoorganización da materia había aparecido como un produto natural necesario. Aristóteles engadiu as causalidades formal e final para explicar as formas nas que, de xeito recorrente, se organiza a materia no mundo natural. A introdución dunha intelixencia divina a partir da escolástica para dar conta das formas naturais fixo practicamente desaparecer ás teorías de corte inmanentista ata o século XIX. A Naturphilosophie, partindo de certas pasaxes da Crítica do Xuízo de Kant volveu falar das "leis universais da forma". As súas ideas caeron en desuso ata os albores do século XX, coa obra de D'Arcy Wentworth Thompson.

O termo "autoorganización" foi introducido por vez primeira por Immanuel Kant na Crítica do xuízo e recuperada en 1947 por parte do psiquiatra e enxeñeiro W. Ross Ashby. O concepto foi axiña utilizado polos cibernetistas Heinz von Foerster, Gordon Pask, Stafford Beer e o propio Norbert Wiener, na segunda edición da súa "Cybernetics: or Control and Communication in the Animal and the Machine" (MIT Press 1961). O concepto de "auto-organización" foi adoptado por todos aqueles asociados á teoría de sistemas na década dos 60, pero non se converteu nun lugar científico común ata a súa adopción por parte dos físicos e, en xeral, dos investigadores de sistemas complexos nas décadas dos setenta e oitenta.

Exemplos de autoorganización[editar | editar a fonte]

Autoorganización biolóxica[editar | editar a fonte]

Filotaxe de follas opostas
  • Desde o traballo de Turing, a filotaxe converteuse nun exemplo clásico de patrón resultante dun proceso autoorganizativo.

Autoorganización política[editar | editar a fonte]

  • A política do directo pon énfase en que as solucións en cuestións éticas, económicas, tecnolóxicas, etc., deben partir dos propios interesados e/ou afectados por internalidades dun asunto, e ter en consideración primordial as relacións humanas directas e as persoas en concreto, creando así mecanismos de interacción directa, que son a base do anarquismo, o cal busca que as persoas obteñan poder directo sobre a súa vida.

Cun desenvolvemento das diversas relacións humanas dos seres individuais e colectivos de forma autónoma, é dicir desenvolvendo pola súa propia conta (directamente) o seu potencial de determinación, asociación, etc., carecen da necesidade de factores de dirección externa aos interesados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]