Auki Tituaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAuki Tituaña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Segundo Antonio Tituaña Males Editar o valor em Wikidata
2 de xaneiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Cotacachi, Ecuador Editar o valor em Wikidata
Alcalde (en) Traducir
2019 – 2023
← Jomar Cevallos (en) TraducirJomar Cevallos (en) Traducir →
Alcalde (en) Traducir
1996 – 2009 – Alberto Anrango (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCoalition Movement (en) Traducir (2018–)
Movimiento CREO (2012–)
Pachakutik (1995–2012) Editar o valor em Wikidata

Páxina webaukitituaña.com Editar o valor em Wikidata

Auki Kanaima Tituaña Males, nado en Cotacachi o 2 de xaneiro de 1965, nado como Segundo Antonio Tituaña Males, é un economista, político e dirixente indíxena ecuatoriano de etnia kichwa. Foi alcalde de Cotacachi e presidente da Asociación de Municipalidades do Ecuador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Cotacachi o 2 de xaneiro de 1965 como Segundo Antonio Tituaña Males, cambiou os seus nomes polos indíxenas Auki, que significa enerxía, e Kanaima, “guerreiro reivindicador dos vencidos”.[1][2][3]

Os primeiros anos universitarios cursounos na Universidade Católica de Ibarra e na Central de Quito. Entre 1984 e 1990 estudou Economía en Cuba, nas universidades de Camagüey e da Habana, grazas a unha bolsa do goberno cubano. Alí, cun compañeiro otavaleño, aprendeu a falar kichwa.[1][4][5]

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Está casado dende 1988 con Luz Marina Vega Conejo, irmá da dirixente política Nina Pacari. Ten tres fillas: Kuri Pacha (Tempo de Ouro), Allpa Pacari (Terra do Amencer) e Katic Nina Yuyaric (Herdeira das Memorias de Lume).[1][6]

Carreira política[editar | editar a fonte]

En 1995, xunto con outros dirixentes indíxenas fundou o movemento Pachakutik como brazo político da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie).

Alcalde de Cotacachi (1996-2009)[editar | editar a fonte]

En 1996 foi elixido alcalde do municipio de Cotacachi en Imbabura, sendo un dos primeiros alcaldes indíxenas na historia ecuatoriana.[7] Foi reelixido en 2000 e 2004. Nas eleccións para a alcaldía de Cotacachi o 26 de abril de 2009 foi derrotado por Alberto Anrango, candidato de PAIS e tamén kichwa.

Durante a súa xestión como alcalde de Cotacachi implementou medidas para erradicar o analfabetismo e reducir a fenda dixital, así mesmo aplicou o sistema de orzamento participativo en que por medio de asembleas cantonais anuais se transmitía á alcaldía a información sobre o uso que os cidadáns preferían dos recursos públicos cantonais á vez que tales asembleas facían de avaiadoras sobre o uso dado ao orzamento do ano anterior.[8]

Post-alcaldía[editar | editar a fonte]

En 2011 foi candidato á presidencia da Conaie como representante da Federación de Indíxenas da Serra Norte. Logo de obter 353 votos foi derrotado por Humberto Cholango con 472 votos.[9]

En outubro de 2012 foi nomeado candidato á vicepresidencia de Ecuador como binomio de Guillermo Lasso polo movemento Creando Oportunidades (CREO).[7] Logo do seu nomeamento, a dirixencia indíxena da Conaie, presidida por Humberto Cholango, expulsou a Auki Tituaña por considerar a súa alianza con Lasso unha traizón ao indixenismo tradicionalmente filosocialista da organización.[10][11][12]

Tituaña desafiliouse de Pachakutik, un día antes do seu nomeamento como candidato.[13] Tituaña posteriormente renunciou a integrar o binomino con Lasso, alegando que a dirixencia do seu anterior partido Pachakutik lle puxo obstáculos legais á súa inscrición como candidato vicepresidencial.[14][15]

Acalde de Cotacachi[editar | editar a fonte]

En maio de 2019 asumiu por cuarta ocasión a alcaldía de Cotacachi, logo de gañar as eleccións en representación do movemento Concertación.[16][17][18]

Recoñecementos internacionais[editar | editar a fonte]

Resultado do seu labor como alcalde de Cotacachi obtivo tres premios internacionais.[19]

  • Premio Internacional Dubai ás Mellores Prácticas. Outorgado polo Municipio de Dubai e ONU-HABITAT. (2000)[20]
  • Premio "Cidade de paz". Outorgado pola UNESCO. (2002)[21]
  • Premio Cidades Dixitais. Outorgado por AHCIET. (2007)[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Tituaña, Auki (21 de outubrlo de 2018). Auki: energía de los Andes (PDF). Ecuador. ISBN 978-9942-35-728-1. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  2. "El Alcalde - SEP. 28, 2004 - Política - Historicos - EL UNIVERSO". www.eluniverso.com. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  3. "Biografía". Auki (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2019. [Ligazón morta]
  4. "Ecuadorinmediato". www.ecuadorinmediato.com. Consultado o 11 de xuño de 2019. [Ligazón morta]
  5. "Lasso y Tituaña hablan de unidad". El Comercio. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  6. "Cerca de 60 personas escoltaron a Castro". Explored | Archivo Noticias. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  7. 7,0 7,1 Diario El Comercio (27 de outubro de 2012). "Auki Tituaña completa el binomio con Guillermo Lasso". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012. 
  8. 8,0 8,1 La experiencia del presupuesto participativo en Cotacachi Arquivado 27 de xullo de 2021 en Wayback Machine.. Informe de la organización Ordenamiento Participativo de Portugal
  9. Diario El Telégrafo (27 de outubro de 2012). "Auki Tituaña es el binomio de Guillermo Lasso". Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2012. 
  10. Telégrafo, El (29 de outubro de 2012). "El admirador de Fidel que acompaña al ex banquero". El Telégrafo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  11. Diario El Telégrafo (29 de outubro de 2012). "La Conaie expulsa a Auki Tituaña de sus filas". Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2012. 
  12. Diario Hoy (29 de outubro de 2012). "Conaie expulsa a Auki Tituaña tras aceptar formar parte del binomio presidencial con Guillermo Lasso". Consultado o 29 de outubro de 2012. 
  13. Diario El Universo (29 de outubro de 2012). "Auki Tituaña: ‘Confío en el voto de bases indígenas’". Consultado o 29 de outubro de 2012. 
  14. Pachakutik aún no expulsa a Tituaña y traba su aspiración. El Universo
  15. Diario El Comercio (12 de novembro de 2012). "Auki Tituaña ya no es vicepresidencial de Guillermo Lasso". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  16. Hora, Diario La. "Auki Tituaña vuelve a la actividad política - La Hora". La Hora Noticias de Ecuador, sus provincias y el mundo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  17. Lema, Tupac. "Auki Tituaña vuelve a dirigir el cantón Cotacachi". www.elnorte.ec (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  18. Hora, Diario La. "Auki Tituaña reemplazará a Jomar Cevallos en Cotacachi - La Hora". La Hora Noticias de Ecuador, sus provincias y el mundo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  19. R. E. Rhoades (2006). "Development with Identity: Community, Culture and Sustainability in the Andes". Consultado o 28 de outubro de 2012. Dubai Award for democratization and UNESCO 'Peace City' Award 
  20. Diario El Universo (17 de maio de 2008). "Auki Tituaña y el premio Dubai 2000". Consultado o 28 de outubro de 2012. 
  21. Ecuador Living (2008). "Cotacachi Property – Casa de Cultura". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2012.