Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bartolo Ushigua, delegado sápara no 2º Congreso CONAIE.

A Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) é a maior e máis importante organización de grupos étnicos de Ecuador. Creada en 1986, a CONAIE está dedicada a organizar social e politicamente os diversos pobos indíxenas de Ecuador. Os seus obxectivos son a defensa dos dereitos dos pobos indíxenas, o fortalecemento da identidade indíxena, a recuperación dos dereitos da terra (negados dende a época colonial), a oposición ás políticas neoliberais e a oposición á intervención militar dos Estados Unidos na rexión (como o Plan Colombia). CONAIE actúa normalmente a través da acción social e política (basicamente a través do partido político Pachakutik) pero tamén a través de accións directas, con levantamentos populares. O actual presidente (2006) é Luis Macas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]