Augusto Ulloa Castañón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Augusto Ulloa Castañón, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1823 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1879, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Dereito Político e Penal na Universidade Central de Madrid, cargo que abandonou para dedicarse ao xornalismo e á política. Afiliouse á Unión Liberal e, logo do trunfo da Revolución de 1854, foi elixido deputado por Lugo (1854), A Fonsagrada (1858, 1863, 1864, 1871, 1872 e 1876), A Coruña (1865) e Mondoñedo (1869). Foi director xeral de Ultramar (1858-1863), subsecretario de Estado (1856) e ministro de Mariña (1863), de Fomento (1864) e de Estado (1874) ata a Restauración. Colaborou con distintos xornais como El Tribuno, El Clamor Público e El Voto Nacional (que tamén dirixiu) e publicou Revista de Indias (1868). Participou na Revolución de 1868 e votou a favor de Amadeo I. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]