Partido Constitucional (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Constitucional foi unha agrupación política que estivo activa na España de fins do século XIX.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Formouse en 1871, logo da escisión dos progresistas que seguiu á morte do xeneral Prim. A rama dereita do Partido Progresista e varios escindidos da Unión Liberal organizáronse baixo a xefatura do xeneral Serrano e de Sagasta.

O Partido Constitucional alternou no poder co Partido Radical durante o breve reinado de Amadeu I. Durante o ano 1874, o Partido Constitucional tivo ao seu cargo boa parte da responsabilidade do goberno.

En maio de 1875 o Partido Constitucional dividiuse: os conducidos por Manuel Alonso Martínez ofrecéronlle colaboración a Cánovas na elaboración do texto constitucional, mentres que o resto do partido seguiu defendendo a vixencia da Constitución de 1869, expresión das conquistas liberais do ano anterior[1].

En 1880, os constitucionais uníronse a algunhas destacadas personalidades políticas e formaron o Partido Liberal Fusionista, baixo o liderado de Sagasta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Avilés Farré, Juan; Elizalde Pérez-Grueso, María Dolores; Sueiro Seoane, Susana (2002). Historia política de España, 1875-1939, Volumen 1. Serie: Historia de España. Colección Fundamentos nº 193. Istmo. p. 51. ISBN 84-7090-320-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]