Atol Ontong Java
| Ontong Java | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Salomón |
| Illa principal | Luaniua e Pelau |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 1.800 hab. |
| Superficie | 12 km² |
| Superficie lagoa | 1.300 km² |
| Nº de illas | >120 |
| Coordenadas | 5°16′S 159°21′E / 5.267°S 159.350°E |
| Maior Altura | 13 m. |
| Localización | |
O atol Ontong Java ou Luangiua é un dos maiores atois na terra. Ás veces coñécese como atol Lord Howe que non se debe confundir con Illa de Lord Howe ao leste de Australia.
Índice |
Descrición[editar]
Administrativamente Ontong Java pertence á Illas Salomón. Como parte da periferia da provincia de Malaita, que constitúe a zona máis setentrional deste estado, máis de 250 km ao norte da Illa de Santa Isabel. A terra máis próxima, con todo, é a do atol Nukumanu, que se atopa a só 38 km ao norte da punta norte de Ontong Java e que está baixo a administración de Papúa Nova Guinea.
Ontong Java ten máis ou menos forma de bota. O tamaño total do atol é de 1400 km², pero hai só 12 km² de terra, repartidos en 122 pequenas illas. As illas son na súa maioría terras baixas de formacións de coral, a elevación máis alta é de 13 metros.
Aproximadamente 2.000 persoas viven no atol, 1200 na illa de Luaniua no extremo oriental e 800 en Pelau no nordés.
Historia[editar]
As illas foron habitadas por polinesios, aproximadamente fai 2.000 anos. O primeiro avistamento europeo verificable foi feito por Abel Tasman en 1643, que a chamou Ontong Java, con todo, non foi ata 1791 que os europeos poñen o pé nas illas (un inglés chamado John Hunter, que o chamou atol de Lord Howe). En 1893 as illas foron anexadas por Alemaña e posteriormente cedidas a Gran Bretaña en 1899.
Hoxe en día os habitantes do atol teñen unha economía de subsistencia a través do cultivo do coco e o taro (raíz), así como da pesca. Ata a prohibición en 2005, a principal fonte de ingresos era dos pepinos de mar e das cunchas de trochus, que eran enviados a Hong Kong. Os habitantes tamén están involucrados na produción de copra. Tamén conta cun prolífico número de aves mariñas.
Antropoloxía e a lingüística[editar]
Os habitantes de Ontong Java manteñen un carácter polinesio a pesar da súa localización no arquipélago Melanesio das Illas Salomón. En tempos pasados os homes e as mulleres usaban elaborados tatuaxes en todo o corpo. Os dialectos que se falan nesta illa son Luangiua e Pelau e pertencen á poboación da Polinesia.
A primeira investigación seria sobre os habitantes de Ontong Java levarona a cabo os etnógrafos alemáns Ernst Sarfert e Hans Damm, durante unha expedición de científicos alemáns aos Mares do Sur que tivo lugar en 1908-1910. Esta expedición visitou ambos, Ontong Java e o veciño atol Nukumanu, onde tamén levaron a cabo a súa investigación. O seu traballo, "Luangiua und Nukumanu" foi publicado en 1931. Sarfert e Damm afirmaron que os nomes dos dous atois, Lord Howe e Ontong Java, eran incorrectos e chamaron a este atol Luangiua nas súas obras.