Atol Abemama
| Abemama | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (1995) | 3.608 |
| Superficie | 16 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | 16 |
| Coordenadas | 0°24′N 173°52′E / 0.4°N 173.867°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Abemama (tamén coñecido como Abamama, Apamama, Dundas, Illa Hopper, Illa Roger Simpson ou Illa Simpson) é un atol coralino pertencente á República de Kiribati localizado no centro do conxunto das Illas Gilbert, no Océano Pacífico cnetral. Atópase 150 km ao sueste de Tarawa e xusto ao norte da liña ecuatorial. A illa é exportadora de copra.
Xeografía [editar]
Ten un área de 16 km² e unha poboación de 3.608 habitantes. Os illotes que conforman o atol rodean unha lagoa profunda central. A parte oriental de Abemama está unida por camiños elevados permitindo a circulación de automóbiles entre os illotes. As illas periféricas de Abatiku e Bike están situadas ao suroeste do atol.
O pobo de Kariatebike é o centro gobernamental do atol, o cal inclúe un edificio administrativo, unha estación de policía e un hospital. No extremo norte de Abemama existe unha pista aérea, preto da aldea de Tabiang.
Historia [editar]
A illa foi descuberta en 1799 polo capitán Charles Bishop, quen a nomeou "Illa Roger Simpson", en honra a un dos seus asociados. O 27 de maio de 1892, no atol de Abemama, o capitán Davis do HMS Royalist declarou un protectorado británico sobre as Illas Gilbert. Foi un dos últimos intentos de imperialismo británico por parte de Gran Bretaña.
O escritor Robert Louis Stevenson viviu na illa no ano 1889. Cerca do pobo de Tabontebike sitúase a tumba do xefe tirano Tem Binoka, inmortalizado por Stevenson na súa obra "Contos dos mares do sur".
Durante a Segunda Guerra Mundial, os xaponeses ocuparon a illa desde 1942 a 1943, converténdose logo nunha base militar dos Estados Unidos durante os seguintes dous anos.