Atol Nonouti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nonouti»)
Nonouti
Atol Nonouti
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2005) 3.179 hab.
Superficie 29´2 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas
Coordenadas 0°40′S 174°20′L / -0.667, -174.333
Maior Altura
Localización
Localización do atol Nonouti

Nonouti é un atol pertencente á República de Kiribati no océano Pacífico central. Está localizado ao sur das Illas Gilbert, 38 km ao norte de Tabiteuea e 250 km ao sur de Tarawa. A rexión oriental da illa é a princial masa de terra permanente. No lado noroeste atópase un illote deshabitado chamado Noumatong, onde existe un santuario de aves. A área oriental da illa consiste en pequenos illotes e illas que forman unha liña continua.

O atol é o 3º máis grande das Illas Gilbert, cunha lonxitude de 35 km e unha anchura de 15 km.

A estación gobernamental está localizada na vila de Matang. O representante é o máximo posto do goberno sobre a illa. O primeiro presidente de Kiribati, Ieremia Tabei, era de Nonouti.

Na illa existen varias escolas primarias e unha escola secundaria, a cal está administrada pola Igrexa Protestante de Kiribati.

A casa de reunión (mwaneaba) máis grande de kiribati atópase na vila de Taboiaki, onde se estableceron os primeiros misioneiros católicos na década de 1880.

O nome Nonouti significa "levantarse cedo para ir pescar".