Atari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atari 130XE.

Atari, Inc. é unha empresa que desenvolve, publica e distribúe videoxogos para consolas e ordenadores persoais. É unha das produtoras independentes de videoxogos máis grande de Estados Unidos. É propiedade de Infogrames Entertainment S.A. (IESA).

A empresa que actualmente leva o nome Atari foi fundada en 1993 co nome de GT Interactive. GT Interactive foi adquirido por IESA en 1999 e trocou o seu nome a Infogrames Inc. Infogrames adquiriu a marca Atari, comprándolla a Hasbro Interactive, quen xa lla comprara a JTS Corporation.

Infogrames, Inc. usou en ocasións o nome Atari como marca, para títulos especiais, antes de que IESA cambiara oficialmente o seu nome a Atari, Inc no ano 2003.

A Atari orixinal foi pioneira en xogos arcade, videoxogos caseiros e microordenadores persoais, e o seu dominio nesta área foi total desde principios ata mediados da década dos anos 1980. A marca tamén foi usada varias veces por Atari Games, unha división da empresa en 1984.

O nome do logo de Atari é "Fuji".

Historia[editar | editar a fonte]

Atari estivo presente no mundo dos videoxogos desde os primeiros días das máquinas de arcade, Atari foi creador das videoconsolas domésticas, como a Atari 2600 (chamada orixinalmente VCS "Video Computer System" -- Sistema Informático de Vídeo); produciu unha serie de computadores de 8 bits (Atari 400/800 e a serie XL/XE); entrou no mercado dos 16 bits co Atari ST; creou a consola Atari Jaguar de 64 bits, revolucionaria para a súa época; e lanzou unha consola portátil, a Atari Lynx.

Os setenta: O nacemento do imperio dos videoxogos[editar | editar a fonte]

Fundada nos Estados Unidos en 1972 por Nolan Bushnell e Ted Dabney, Atari pode ser considerada a fundadora da industria do videoxogo, grazas ao Pong. A versión doméstica de Pong, que se conectaba a unha televisión, foi unha das primeiras consolas de videoxogos.

Atari foi chamada orixinalmente Syzygy, un termo astronómico. Sen embargo, ese nome xa estaba rexistrado por outra empresa, Bushnell escribiu algunhas palabras do xogo xaponés Go, e escolleu a palabra Atari que en xaponés significa "que unha ficha ou un grupo de fichas está en perigo de ser capturadas polo teu opoñente". O nome "Atari" foi elixido polo atractivo da súa orixe nipona, amais é fácil de memorizar, tanto na fala como na escrita, na meirande parte dos mercados.

En 1973, Atari crea secretamente un "competidor" chamado Kee Games, dirixido por Joe Keenan. A relación foi descuberta en 1974, Joe Keenan fixo tan bo traballo que foi ascendido á presidencia de Atari ese mesmo ano.

Bushnell vendeu Atari a Warner Communications en 1976 nun prezo estimado de $28–$32 millóns de dólares, usando parte destes cartos para comprar a mansión Folgers. Deixou a división en 1979. Mentres foi propiedade de Warner, Atari conseguiu os seus maiores éxitos, vendendo millóns de consolas Atari 2600 (VCS). No seu mellor momento, Atari producía un terzo dos ingresos da empresa Warner, e converteuse na empresa de crecemento máis rápido dos Estados Unidos.

Os oitenta: A case consagración de Atari[editar | editar a fonte]

Aínda que Atari dominaba case completamente o mercado das videoconsolas caseiras, sufriu a súa primeira competencia férrea en 1980 coa consola Intellivision de Mattel, que fixo publicidade da súa meirande capacidade gráfica, comparada coa Atari 2600. A pesares disto, a 2600 seguiu a ser o estándar da industria dada a súa superioridade no mercado, amais do número de títulos dispoñibles para a consola.

Sen embargo, Atari tivo problemas a comezos dos 80. A división de ordenadores persoais, consolas de videoxogos e máquinas de arcade, operaban independentemente dentro da empresa e rara vez cooperaban entre si. Enfrontadas a unha dura competencia e nunha guerra de prezos no mercado das computadoras e das consolas, Atari nunca foi capaz de manterse na liña do éxito do 2600. En 1982, Atari lanzou unhas decepcionantes versións de dous xogos altamente publicitados, como Pac-Man e E.T, provocando un stock de material non vendido e a conseguinte caída de prezos para darlle saída. Tamén en 1982, Atari iniciou un xuízo contra Activision, un competidor no sector do desenvolvemento de xogos, formado na súa meirande parte por ex-empregados de Atari, que contribuíu a abrir o mercado a empresas independentes que desenvolvían xogos. O mercado saturouse rapidamente, baixando aínda máis os prezos. Ademais, en decembro de 1982, os executivos de Atari, Ray Kassar y Dennis Groth, foron investigados por uso indebido de información privilexiada. Máis tarde saberíase que estas acusacións carecían de fundamento.

Por outra banda, Larry Emmons, un importante empregado que se retirara en 1982, púxose á fronte dos traballos de investigación e desenvolvemento dun pequeno grupo de talentosos enxeñeiros en Grass Valley, California. A consola Atari 5200, foi lanzada como a seguinte xeración de consolas 2600. Aínda que estaba baseada nos computadores Atari 800, non eran compatibles cos cartuchos desa máquina. As súas ventas non estiveron á altura das expectativas da empresa.

A pesares de todo, Atari mantiña unha envexable posición no mercado mundial dos videoxogos. Eran os produtores número un de tódolos mercados, excepto en Xapón, cuxo mercado era dominado por Nintendo, quen lanzara en 1983 a súa primeira consola de xogos, a Famicom (coñecida no resto do mundo como NES). O sistema medrou rapidamente, e Nintendo comezou a procurar noutros mercados. Acercáronse a Atari e lles ofreceron un contrato de licenciamento: Atari podería fabricar e vender o sistema Famicom, pagándolle unha regalía a Nintendo. O trato tiña opcións de prosperar e as dúas empresas proxectaban asinar o acordo na Feira do Consumidor de Electrónica (en inglés: CES Consumer Electrónics Show) do verán de 1983. Desafortunadamente ao tempo a empresa Coleco presentaba o seu novo ordenador Adam funcionando co xogo Donkey Kong de Nintendo. Atari tiña os dereitos para publicar Donkey Kong, así que o executivo máis importante de Atari, Ray Kassar, acusou a Nintendo de facer dobre xogo coa licenza de Donkey Kong. Ao mes seguinte Ray Kassar foi obrigado a deixar Atari e os executivos involucrados na negociación con Nintendo foron obrigados a comezar desde cero.

A estes problemas seguiulle a caída do mercado dos videoxogos en 1983, que causou perdas por valor de máis de 500 millóns de dólares USA á industria. O prezo das accións de Warner caeu de 60 a 20 dólares e Warner comezou a buscar comprador para a súa problemática división ATARI.

En xullo de 1984, Warner vendeu as divisións de ordenadores persoais e videoxogos a Jack Tramiel, fundador do competidor directo de Atari, Commodore International, baixo o nome de Atari Corporation por 240 millóns de dólares. Warner retivo de ATARI a división de xogos arcade, baixo o nome de Atari Games, tamén esta división foi vendida a Namco en 1985.

Baixo a administración de Tramiel, Atari Corp. utilizou o stock de computadores e consolas para manter a empresa a flote, mentres terminaban co desenvolvemento do seu sistema de 16 bits, o Atari ST. En 1985 lanzan a actualización para os sistemas de 8 bits, a serie XE, así como a liña ST de 16 bits. Máis tarde, en 1986, Atari lanzou dúas consolas deseñadas nos tempos en que era de Warner, a Atari 2600jr e a 7800 Prosystem (que xa fora lanzada de forma limitada en 1984). Medraron os ingresos, facturando 25.000.000 de dólares ese ano. A serie ST tivo un moi bo recibimento no mercado europeo, aínda que non tanto nos Estados Unidos. Foi especialmente popular entre músicos, porque tódolos modelos incluían portos MIDI integrados. Atari ademais lanzou unha serie de computadores económicos compatibles cos PC de IBM e unha PDA, a Atari Portfolio.

En 1989, Atari lanzou a consola portátil a cores, Atari Lynx. Sen embargo, non puido chegar a tempo para a temporada de Nadal de 1989, dando moita vantaxe ao seu competidor, Nintendo Game Boy. Ademais tamén en 1989, Atari Corp. demandou a Nintendo por 250 millóns de dólares, alegando monopolio, e perdeu o preito.

Os noventa: a decadencia[editar | editar a fonte]

Mentres se acababan os dividendos dos clónicos de IBM e da liña ST, consolas e programas, volvían ser o prato forte de Atari. En 1993, Atari lanzou "JAGUAR", a súa última consola, que era a primeira da xeración de 64 bits. Despois dun período de relativo éxito, as ventas non estiveron á altura das expectativas. Non tivo tanta publicidade como a Sony PlayStation ou a Sega Saturn e faltoulle apoio dos programadores externos de xogos, así os seus competidores xaponeses dominaron sen dificultades o mercado.

En 1996, unha serie de xuízos seguidos por problemas de regalías e dereitos de autor deixou a Atari con varios millóns de dólares en caixa, pero o rotundo fracaso da Atari Lynx e de Jaguar, tiñan á empresa sen produtos que ofrecer. Ademais, Tramiel e a súa familia deixaron o negocio, co resultado dun rápido cambio de donos. En xullo de 1996, Atari fusionouse con JTS Inc., unha empresa relativamente nova que producía discos duros, para converterse en JTS Corp. O papel da marca Atari na nova empresa tivo pouca transcendencia, polo que o nome comercial desapareceu do mercado.

Século XXI[editar | editar a fonte]

Atari nestes intres atópase nas mans de Infogrames. Os seus xogos son editados en USA baixo o seu propio selo Atari, mentres que en Europa faino baixo o nome de Namco Bandai Games (que posúe o 34% das accións). Na actualidade, a súa principal actividade está enfocada aos xogos en liña con franquicias como Star Trek ou Champions Online. Segundo a súa páxina oficial a compañía posúe os seguintes estudios: Cryptic Studios, Atari London Studio, Eden Studios (desenvolve o xogo Test Drive Unlimited), Atari Interactive, Inc. y Atari, Inc.

En maio de 2009, Infogrames Entertainment, SA, a empresa matriz de Atari Inc. e Atari Interactive Inc., anunciou que cambiaba o nome da compañía a Atari, SA. En abril de 2010, o membro do consello de administración David Gardner renunciou. O seu substituto é o cofundador de Atari Nolan Bushnell.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Na película Blade Runner aparece Atari en algúns dos letreiros luminosos das rúas de Los Ángeles.
  • Unha das personaxes da película Road Trip leva unha camiseta co logotipo de Atari.
  • Steve Wozniak deseñou o esquema electrónico do xogo por encargo de Atari, aínda que á fin non se puido usar por ser demasiado complicado. Máis tarde, cando deseñaron o Apple II, insistiu en incluír ese xogo e desenvolver un paddle para o Apple.
  • Na película Wall-E de Disney, que se estreou no ano 2008, o robot protagonista atopa entre toda o lixo un Atari e unha TV, acende a Atari, e aparece o xogo Pong.
  • Nalgúns episodios da serie O coche fantástico pódese ver un joystick de Atari. En concreto, no episodio no que un hacker informático faise co control do coche, usando o joystick para gobernalo.
  • Na película Terminator II: El juicio final, John Connor aínda neno xunto a un amigo rouban cartos dun caixeiro automático coa axuda dun Atari Portfolio.

Hardware[editar | editar a fonte]

Consolas[editar | editar a fonte]

Microcomputadores 8 Bits (Familia Atari de 8 bits)[editar | editar a fonte]

Computadores 16 Bits[editar | editar a fonte]

Computadores 32 Bits[editar | editar a fonte]

Placas de arcade[editar | editar a fonte]

Software[editar | editar a fonte]

Videoxogos destacados[editar | editar a fonte]

Esta é unha pequena lista dos xogos máis famosos desenvolvidos para a consola 2600 de Atari. Estes xogos son importantes na historia dos videoxogos e da empresa.

Históricos[editar | editar a fonte]

Atari desenvolve ou distribúe xogos como[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Atari

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]