Neverwinter Nights
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cos videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos videoxogos que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Neverwinter Nights é un videoxogo de rol en terceira persoa en 3D baseado na terceira versión das regras do xogo de rol Dungeons & Dragons. Foi publicado nos Estados Unidos o 18 de xuño do ano 2002 por Bioware.
O xogo utiliza case a totalidade da versión 3.0 das regras oficiais de Dungeons & Dragons, publicadas por Wizards of the Coast. Un dos puntos fortes do xogo é o seu modo multixogador, que permite xogar coas mesmas regras do xogo de mesa con varios xogadores nun ambiente moi parecido.
Índice |
Expansións e secuelas[editar]
Existen dúas expansións oficiais do xogo orixinal (Neverwinter Nights: Shadows of Undrentide e Neverwinter Nights: Hordes of the Underdark), ademais de cinco módulos comerciais con aventuras independentes (Witch's Wake, Shadow Guard, Kingmaker, Pirates of the Sword Coast e Infinite Dungeons).
Ten unha secuela, Neverwinter Nights 2, publicada o 7 de novembro de 2006 en España.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Neverwinter Nights Páxina oficial do xogo (en varios idiomas)
- BioWare Páxina oficial de Bioware (en varios idiomas)