As Maus, Vilar de Barrio
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Maus.
| As Maus | |
|---|---|
| Concello | Vilar de Barrio |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2008) 267 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 |
San Pedro das Maus é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio. Segundo o INE, no 2008 contaba con 267 habitantes (130 homes e 137 mulleres) o que supón unha diminución de 73 habitantes con respecto ao ano 2000. Está formada polos lugares das Maus, Alemparte, Barrán, Parada, Porto e San Pedro.
Índice |
[editar] Xeografía
Atópase ao carón do río Arnoia, e ó pé da serra de San Mamede. O territorio da parroquia é claramente de montaña, con altitudes que van dende os 700 m de mínima aos 1.650 m de máxima.
[editar] Historia
Antigamente, e segundo consta no escudo a entrada da igrexa, chamábase Maos. Nas respostas do Reino ao interrogatorio de Filipe II, de 1571, para o reparto de mouriscos granadinos, consta que San Pedro Dasmaos contaba con vintecinco veciños. Segundo o catastro de Ensenada de 1753, a parroquia tiña dous coutos, de formas máis ou menos cadradas e circunscrito un no outro; o exterior era da xurisdición de Juan de Puga y Solís, conde de Torre Peneda, que tamén a exercía en Xocín, e o interior era da xurisdición de Juan Suárez Noguerol. Tamen había couto en Alemparte, xurisdición do conde de Maceda, e sobre oito veciños exercíaa Juan Suarez Noguerol, veciño de Mende. Os lugares de Porto e Parada pertencian á xurisdición do conde de Monterrei. Por último, o lugar de Barrán pertencía á xurisdición da Torre de Limia.
[editar] Patrimonio
Destacan en arquitectura civil os conxuntos de hórreos que se salpican ao longo de un regato, así como varios fornos e unha forxa. En monumentos relixiosos, non quedan vestixios da igrexa antiga, pero si do retablo de 1608 de Francisco de Moure, feito na primeira etapa deste imaxinieiro. No lugar de Porto está a capela de San Antonio, situada no centro da aldea. No cumio do Castro do Porto, en Val de Mouros, hai uns restos, posiblemente dun castro. Tamén destaca a área recreativa con piscina fluvial. A aldea abandonada de Parada entre soutos de castiñeiros, está ocupada desde fai anos por xente adicada a artesania popular que logo venden nas feiras. En Borrán está a capela adicada a Santiago Apostol, preto do camiño de Santiago da via da prata.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares das Maus
| Lugares da parroquia das Maus no concello de Vilar de Barrio (Ourense) | |
|---|---|
[editar] Parroquias de Vilar de Barrio
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Barrio | |
|---|---|
|
A Alberguería (Santa María) | Arnuíde (Santa María) | Bóveda (Santa María) | As Maus (San Pedro) | Padreda (San Miguel) | Prado (Santa Cruz) | Rebordechau (Santa María) | Seiró (San Salvador) | Vilar de Barrio (San Pedro Fiz) |