As Hedradas, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAs Hedradas, Zamora

Localización
Mapa
 42°02′47″N 6°53′14″O / 42.046297, -6.887244Coordenadas: 42°02′47″N 6°53′14″O / 42.046297, -6.887244
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora
MunicipioLubián Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude1.201 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49573 Editar o valor em Wikidata

As Hedradas (Las Hedradas en castelán e oficialmente) é unha localidade do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).[1]

Situación[editar | editar a fonte]

Atópanse situadas ao noroeste da provincia de Zamora, xunto á provincia galega de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximas á fronteira con Portugal, á altura da histórica rexión lusitana de Trás-os-Montes. Pertencen ás denominadas As Portelas, unha sub-bisbarra da bisbarra histórica e tradicional de Seabra.

As Hedradas atópanse situadas nun chairo alto, o que favoreceu que a escasos metros da poboación se instalase un parque eólico. O edificio máis representativo deste lugar é a súa igrexa, cuxo campanario é de nova construción por perder o antigo nun forte vendaval.[2] É unha das poucas localidades bilingües da provincia de Zamora, xa que os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[3]

Topónimo[editar | editar a fonte]

O nome de lugar inscríbese nunha abundante familia de topónimos que aluden a elementos da paisaxe recubertos de hedra, é dicir, hedreiras.[4]

Demografía[editar | editar a fonte]

Coma o resto das vilas e aldeas da zona, As Hedradas sufriron un grande éxodo rural a mediados do século XX, pasando a súa poboación a ter só 12 habitantes (INE, 2012). Outra das razóns desta baixa poboación é o forte envellecemento da zona, pois a media de idade supera os 70 anos.

Clima[editar | editar a fonte]

Situadas na serra xabresa, As Hedradas contan cun clima moi frío e húmido con temperaturas que poden chegar a -15 °C e que no verán non adoita superar os 30 °C e unhas precipitacións moi abundantes, 1500 mm ao ano sobre todo na época outoniza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As Hedradas na páxina web do INE
  2. "Lubián segundo O Norte de Castela". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  3. "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  4. Pascual Risco Chueca (2000) "Medio natural e poblamiento na toponimia maior de Zamora Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine.", no Anuario do Instituto de Estudos Zamoranos Florián de Ocampo, Deputación de Zamora, p. 449-500.