Arseni Tarkovski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arseni Tarkovski

Arseni Alexandrovich Tarkovski (Арсений Александрович Тарковский) (25 de xuño, 1907 - 27 de maio, 1989) foi un destacado poeta ruso. Os seus poemas aparecen nos filmes O Espello (1975) e Stalker (1978) dirixidos ambos polo seu fillo Andrei Tarkovski, destacado director ruso.

Biografía[editar | editar a fonte]

Tarkovski naceu en Elisavetgrad nunha familia de Narodniks no 24 de xuño de 1907. Foi seu pai Alexander quen inculcou o amor de Arseni pola poesía, cando con só sete anos o levaba ás tertulias dos simbolistas Sologub, Balmont y Severianin. No 1924 trasladáronse a Moscova, e desde o 1924 ao 1925, escribiu para un diario de traballadores do ferrocarril chamado "Gudok."

Tarkovski manexou unha sección que debía ter un editorial escrita en verso, iso era supostamente máis doado para os lectores que as ordinarias editoriais en prosa. Cada día, Tarkovski debía escribir el esas editoriais ou encontrar alguén que o fixera. Convén dicir que a poesía deses editoriais non era usualmente de boa calidade. Do 1925 ao 1929 estudou nunha Universidade do Estado para ser escritor. Ao mesmo tempo traducía poesía do turco, xeorxiano, armenio e do árabe. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou no periódico da Armada Boevaya Trevoga (Alarma de Guerra).

Foi amigo de Marina Tsvetaeva, unha eminente poetisa rusa coetánea, e refírense a el nalgunha ocasión como o "último amor de Marina Tsvetaeva". Tras o suicidio dela no 1941 dedicoulle un ciclo de poemas. Foi corresponsal de guerra na Segunda Guerra Mundial, na que sofreu a amputación dunha perna.

Aínda que compuxo poesía durante toda a súa vida, non publicou nada ata chegar aos cincuenta. A partir de esa idade publicou nove libros:

  • Перед снегом - Antes da neve (1962);
  • Земле земное - A Terra para o terrestre (1966);
  • Вестник - Mensaxeiro (1969);
  • Стихотворения - Versos (1974);
  • Зимний день - Día de inverno (1980);
  • Избранное - Traballos escollidos (1982);
  • Стихи разных лет - Versos de diferentes anos (1983) - unha compilación dos seus últimos versos;
  • От юности до старости - Da xuventude á vellez (1987)
  • Благословенный Свет - A Luz Bendita (1993 -póstumo).

Viviu sobre todo en Moscova e en Peredelkino e morreu o 27 de maio do 1989 en Moscova. No 1989 foi galardoado co Premio Estatal da URSS.

Poesía[editar | editar a fonte]

Os poemas mais famosos son quizáis:

  • Жизнь, Жизнь (Vida,Vida)
  • Первые Свидания (Primeiros encontros)

Estes dous son considerados por algúns críticos como parte das mellores poesías escritas en ruso no século XX.

Tamén son moi coñecidos:

  • С утра я тебя дожидался вчера...
  • "25 ИЮНЯ 1935
  • Отнятая у меня, ночами...
  • Если б, как прежде, я был горделив...

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]