Argentière
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 45°58′48″N 6°55′48″E / 45.98°N 6.93°E
Argentière é unha pintoresca vila de esquí, excursionismo de montaña e alpinismo nos Alpes franceses, que forma parte da comuna de Chamonix. Está a 1.252 metros de altitude.
[editar] Xeografía
Argentière atópase preto da cabeceira do val de Chamonix, aproximadamente a 7 km de Chamonix. Está conectada por estrada con Suíza a través do porto de Col des Montets, e o de Col de la Forclaz para ir a Martigny no val do Ródano.
O glaciar de Argentière atópase ao sueste da aldea e únese na súa parte nordés pola Aiguille du Chardonnet, a Aiguille d'Argentière e o Tour Noir, e no suroeste pola Aiguille Verte, Les Droites e Les Courtes. Esta zona coñécese xeralmente como a conca de Argentière.