Castelanismos léxicos
Os castelanimos léxicos son aqueles que se deixan sentir no apartado léxico dentro da lingua.
Índice |
[editar] Graos
Pódense establecer varios grupos de castelanismos léxicos:
[editar] Convivencia da forma galega co castelanismo
O castelanismo léxico convive coa forma galega pero esta vai restrinxindo o seu significado pola influencia da forma castelá:
- tea emprégase para designar o tecido caseiro elaborado con liño ou o tecido feito polas arañas, no resto dos casos emprégase tela.
Noutras parellas a distribución galego / castelán correspóndese coa distribución animal / persoa respectivamente:
- parella (por exemplo unha parella de bois) / parexa (persoas), beizos (animal) / labios (persoa).
Outras veces unha innovación, un invento vén acompañado dunha nova denominación que remata por substituír a forma galega:
- lavadoiro / lavadero, escoba / vasoira, grifo / billa, muxir / ordeñar.
Cando existen en galego dous sinónimos e un deles coincide co castelán, polo regular este é o que ten máis uso, mentres que a forma exclusiva do galego perde vixencia ou ten o seu significado restrinxido:
- beizos / labios, bágoas / lágrimas, póla / rama...
[editar] Castelanismo adaptado á fonética galega
Un segundo tipo de influencias léxicas do castelán son as que consisten na introdución de formas castelás aínda que disfrazadas baixo a aparencia de formas galegas:
- conexo (coello), *parexa (parella), *antoxo (antollo), *baraxa (baralla), *lentexa (lentella), *almexa (ameixa), *burbuxa (burbulla), *concexal (concelleiro), *partixa (partilla), *pegaxoso (pegañoso), *rodaxa (toro), *xaula (gaiola), *desaiuno (almorzo), *proiecto (proxecto).
[editar] Castelanismo pleno
Hai casos nos que, debido ao abandono de protección do galego desde o século XVI, acabou introducíndose no galego o castelanismo pleno, a pesar de que existían formas galegas propias no galego medieval. Este caso extremo do castelanismo consiste na substitución da forma galega pola castelá:
- salud, *iglesia, *pueblo, *dios, *persona, *barniz, *embudo, *cacerola, *cuchara, *abuela, *adiós, *ballena, *bellota, *mesilla, *peine, *polvo, *viúdo, *ardilla, *salir, *helado, *rodilla...
Ocorre que algunha das formas galegas aínda pervive en refráns ou ditos, sen ter conciencia o falante do significado da palabra. Este é o caso do refrán "xeada sobre lodo, neve ast`a xonllo". Neste caso xonllo é unha variante da forma estándar xeonllo. Algunhas outras aínda se poden escoitar a persoas de idade avanzada ou de contorno rural, como é o caso de culler.
[editar] Castelanismos aceptados ou préstamos
O castelán ás veces cubriu lagoas lexicais en palabras nas que non existía unha forma propia. Neste caso son castelanismos considerados correctos na norma estándar:
- tortilla, guerrilla...
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Xosé Graña Núñez (1993), Vacilacións, interferencias e outros "pecados" da lingua galega, Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-148-3.
| Desviacións respecto á Norma |
| Lusismo (v. tamén Reintegracionismo) | Hipergaleguismo | Arcaísmo | Vulgarismo | Dialectalismo Castelanismo (fonético | léxico | morfosintáctico | ortográfico | semántico) (v. tamén Castrapo e compendio na Galipedia) |