Foro de Traxano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Foro de Traxano

O Foro de Traxano (en latín, Forum Traiani) é un foro obra do emperador romano Traxano, que forma parte do vasto complexo dos foros imperiais na cidade de Roma. A súa construción, levada a cabo entre o 107 e 112 estivo a cargo do arquitecto Apolodoro de Damasco.

Este espectacular complexo é o meirande que se pode atopar na cidade de Roma. Componse dunhaPraza porticada, a Basílica Ulpia, a columna traxana e o Templo de Traxano.

O foro de Traxano é cronoloxicamente o derradeiro dos foros imperiais de Roma.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O foro foi construído por orde do emperador Traxano co botín de guerra traído trala conquista de Dacia, que rematara en 106.[1] O calendario romano permítenos calcular que o Foro foi inaugurado en 112, un ano antes cá Columna de Traxano.

Para a construción deste complexo monumental tivéronse que realizar extensas escavacións. Os traballadores eliminaron os laterais do Quirinal e do cuíña Capitolina, que pechaban o val ocupado polos foros imperiais cara ao Campo de Marte.

É posible que as escavacións iniciáranse baixo o mandato do emperador Domiciano, aínda que o proxecto do foro estivo completamente a cargo do arquitecto Apolodoro de Damasco,[1] que tamén acompañou ao emperador Traxano na campaña de Dacia.

Durante o tempo que durou a construción tamén se realizaron outros proxectos civís: construíuse o mercado de Traxano,[1] e restauráronse o Foro de César e o Templo de Venus Genetrix para poder construír o foro de Traxano.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O foro foi construído apartir dunha gran praza enmarcada con pórticos que medía 200 x 120 m con exadrae sobre dous laterais. A entrada principal ao foro é polo lado sur, onde se sitúa un arco de triunfo coroado por unha estatua de Traxano nunha carroza con seis cabalos. A basílica Ulpia sitúase sobre o lado norte da praza, a mesma estaba cuberta con bloques rectangulares de mármore e decorada cunha grande estatua ecuestre de Traxano. A cada lado da praza hai mercados, tamén aloxados por exedrae.

Ao norte da basílica había unha praza máis pequena, cun templo adicado a Traxano deificado no lado norte. Inmediatamente ao norte da Basílica Ulpia a cada lado do Foro había dúas bibliotecas, unha contiña os documentos en latín e a outra os documentos en grego. Entre as dúas bibliotecas erguíase a columna de Traxano de 38 m de altura.[1]

Durante unha visita a Roma de Constantino II a mediados do século IV, el quedou abraiado polas dimensións da grande estatua ecuestre de Traxano e polos edificios que a rodeaban. Esta vista imperial e os detalles do foro por eses anos foron descritos polo historiador Amiano Marcelino.

Só unha zona dos mercados e da columna traxana chegaron até os nosos días.

Historia posterior ao imperio romano[editar | editar a fonte]

A mediados do século IX, os bloques de mármore da praza foron extraídos de forma sistemática para ser reutilizados noutras construcións, debido á boa calidade dos mesmos. Simultaneamente, o pavimento foi restaurado con pedregullo, o que é unha mostra de que o sitio aínda estaba a ser utilizado como espazo público.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Roth, Leland M. (1993). Understanding Architecture: Its Elements, History and Meaning (Westview Press. Primeira edición ed.). Boulder, CO. ISBN 0-06-430158-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • James Packer. Trajan's Forum: A Study of the Monuments. University of California Press, 1997.
  • James Packer. Il Foro Dei Traiano a Roma Breve Studio dei Monumenti. Edizioni Quasar 2001.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]