Apollodorus (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apollodorus
Apollodorus queda case no centro de Pantheon Fossae, un patrón de fosas e graben de forma radial.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mercurio
Diámetro 41,51 km km[1]
Coordenadas 30,51° N 196,65° O[1]
Procedencia do nome Apolodoro de Damasco, arquitecto do Panteón de Roma.[1]

Apollodorus é un cráter de impacto do planeta Mercurio. Está situado preto do centro de Pantheon Fossae, que é un sistema de radial de grabens e fosas, situado na zona máis interior da Caloris Planitia. O chan, o bordo e paredes de Apollodorus amosan un material de baixo albedo, escavado durante o impacto de debaixo das brillantes chairas volcánicas que cobren a parte central de Caloris.[2]

Actualmente, non se sabe se o cráter desempeñou algún papel na formación do sistema de fosas ou se a súa localización é só unha simple coincidencia, aínda que non aparecen grabens cortando o bordo do cráter, e o material escuro expulsado durante o impacto, cobre parcialmente os grabens, suxerindo que Apolodorus é posterior á formación de Pantheon Fossae. Ademais, o cráter está en realidade un pouco (uns 40 km) desprazado do centro exacto da Fossae.[2][3]

O cráter recibe o seu nome en honra a Apolodoro de Damasco, que foi o deseñador do Panteón de Roma.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Apollodorus on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 23-10-2011. Consultado o 08-01-2012. 
  2. 2,0 2,1 Watters, Thomas R.; Murchie, Scott L.; Robinson, Mark S.; Sean C.; Denevi, Brett W.; André, Sarah L.; Head, James W.; (2009). "Emplacement and tectonic deformation of smooth plains in the Caloris basin, Mercury". Earth and Planetary Science Letters 285 (3-4): 309–319. Bibcode:2009E&PSL.285..309W. doi:10.1016/j.epsl.2009.03.040. 
  3. JHU/APL, ed. (05-05-2008). "MESSENGER: MErcury Surface, Space ENvironment, GEochemistry, and Ranging". Arquivado dende o orixinal o 14-07-2014. Consultado o 17-11-2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]