Fosa tectónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Graben»)
Macizo e fosa tectónica (imaxe do USGS)

Unha fosa tectónica ou graben é unha longa depresión limitada en ambos lados por fallas paralelas levantadas (horst) entre as cales o terreo se afundiu por efecto de forzas internas.

A pesar de que constitúen ás veces o val por onde transcorre un río (como o Rin entre Basilea e Maguncia), as fosas tectónicas nada deben aos axentes exteriores da erosión. As fallas marcan os límites laterais do afundimento do terreo. Este pode prolongarse durante centos e incluso miles de quilómetros, como no Gran Val do Rift, onde se encontran os Grandes Lagos de África, e que se estende desde Mozambique até os montes Tauro (Turquía); a parte de África que queda ao leste desa fractura está en vías de separarse do continente e esa separación é a que produce o afundimento da codia e a formación dunha fosa que acabará por converterse nun brazo de mar, como ocorreu anteriormente na fosa do mar Vermello e do golfo de Adén.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]