Antonio Santamaría López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Santamaría López
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1885 Editar o valor em Wikidata
Castro Urdiales, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Santamaría López, nado en Castro Urdiales o 27 de marzo de 1885 e finado en Nova York o 27 de decembro de 1949, foi un sindicalista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Caldeireiro. Sendo novo marchou traballar a Biscaia, onde se fixo obreiro metalúrxico. Despois pasou a Ferrol, traballando no Arsenal, na Sociedad Constructora Naval. En 1905 ingresou na UGT e no PSOE. Estivo exiliado en Francia pola súa participación na folga xeral de 1917. Foi presidente da Agrupación Socialista de Ferrol en 1929. Na II República foi elixido concelleiro en Ferrol. Foi candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións de 1933, pero non resultou elixido. Pertenceu ao Comité Revolucionario de Ferrol durante folga xeral revolucionaria de 1934, polo que foi condenado a morte, aínda que finalmente a pena foi conmutada pola de reclusión perpetua. Saíu da cadea coa amnistía de febreiro de 1936. Logo da renuncia de Xaime Quintanilla Martínez a finais de febreiro[1], foi nomeado alcalde de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por traizón. Foi condenado a pena de morte en consello de guerra o 11 de agosto. Fuxiu da Prisión do Baluarte ao día seguinte, con Juan Rincón Téllez, e permaneceu agochado até o 21 de xullo do 1939, cando conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos galegos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia. Foi internados no campo de concentración de Barcarés. O 23 de decembro de 1939 embarcou en Le Havre con destino a México. A comezos de xaneiro de 1940 chegou a Nova York e quedou a vivir alí. Traballou no Centro Español, nos talleres de Alfredo Medina e na tenda do seu compatriota Carregal.


Predecesor:
Xaime Quintanilla Martínez
 
Alcalde de Ferrol
 
1936
Sucesor:
Antonio Vázquez Permuy

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 27-2-1936, p. 2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]