Antonio Pereiro Gil
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Pereiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1896 Lalín, España |
Morte | 1968 (71/72 anos) Córdoba, Arxentina |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Perfecto Pereiro Castro |
Perfecto Antonio Pereiro Gil, nado en Noceda (Lalín) o 19 de agosto de 1896 e finado na provincia de Córdoba (Arxentina) en 1968, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da Segunda República Española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo máis vello do empresario Perfecto Pereiro Castro, foi elixido alcalde o 5 de xuño de 1931 e permaneceu no cargo até o 17 de agosto de 1932.[1] Posteriormente emigrou a Arxentina. Alí casou con Emma Eguía, coa que tivo unha filla, Ana. Regresou a Silleda por unha tempada, volvendo de novo a Arxentina onde faleceu en 1968.
Predecesor: Antonio Rodríguez González |
Alcalde de Silleda 1931 - 1932 |
Sucesor: Emilio Alonso Paz |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase Pereiro Lázara (2016).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pereiro Lázara, Perfecto (2016). Pereiro de Silleda: Vida y obra de un empresario dezano (1871-1947). Fervenza.