Antonio Negreira Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Negreira Noya
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
San Román, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Val do Dubra
2015 – 2019
← Camilo Varela MariñoJosé Manuel Varela Ferreiro → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Antonio Negreira Noya, nado en Insua (San Román, Val do Dubra) en 1956,[1] é un profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de Formación Profesional. No 2003 foi candidato á alcaldía de Val do Dubra polo BNG e logrou se-la segunda forza máis votada tralo PPdeG, mellorando resultados en 2007 e 2011, cando os populares lograron a maioría absoluta pola mínima. Trala convocatoria de 2011 foi elixido deputado provincial por Santiago. En 2012 abandonou o BNG[2] renunciando á acta de deputado, pero mantendo a de concelleiro.

Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura de Son de Val do Dubra-ANOVA, gañou as eleccións con maioría simple e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada.[3], tendo que enfrontarse a un bloqueo constante por parte dos grupos da oposición, o PPdeG, TEGA (escindidos dos populares) e un concelleiro independente. Presentouse novamente como candidato ao concello nas municipais de 2019, e malia que volveu se-la lista máis votada, pese a perder 2 concelleiros en favor do PSdeG, non foi reelixido alcalde[4], logrando a alcaldía José Manuel Varela Ferreiro, do PPdeG[5], co apoio de TEGA e un concelleiro independente. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura de Anova e foi a terceira forza con 3 concelleiros, apoiando a investidura do socialista Diego Díaz Méndez (tamén 3 concelleiros pero con máis votos), pasando a se-lo primeiro tenente de alcalde deste e concelleiro de obras.


Predecesor:
Ramón Camilo Varela Mariño
 
Alcalde de Val do Dubra
 
2015 - 2019
Sucesor:
José Manuel Varela Ferreiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manteiga, Marcos (2 de maio de 2019). "Antonio Negreira Noya: "Puxemos Val do Dubra ao servizo dos veciños e rematamos coas prácticas de privilexios"". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019. [...] Antonio Negreira naceu en Insua, Val do Dubra, e aínda que en principio resístese, confesa que xa ten 63 anos [...] 
  2. Araújo, E. (14 de abril de 2012). "El único diputado provincial del BNG por Santiago se va del partido y renuncia al acta". La Voz de Galicia (en castelán). 
  3. A. R., E. (14 de xuño de 2015). "Antonio Negreira consigue la alcaldía de Val do Dubra solo con sus votos". La Voz de Galicia. 
  4. Araújo, E. (16 de xuño de 2019). "José Manuel Varela devuelve la alcaldía de Val do Dubra al PP con el voto de Terra Galega y del concejal independiente". La Voz de Galicia. 
  5. Concello de Val do Dubra na FEGAMP

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]