Terra Galega

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende TEGA)
Terra Galega
Partido político Terra Galega
Ano fundación 2005
Ideoloxía Nacionalismo galego, Centro-progresista
Ideoloxía respecto a Europa
Membro de
Ámbito Galiza
Sede central Rúa Romero Donallo, Nº36 baixo Compostela
Presidente Pablo Padín Sánchez
Web do partido www.terragalega.es


Terra Galega (Tega) é unha coalición de partidos políticos de centro nacionalista que se formou o 4 de novembro de 2005, aínda que está rexistrada dende maio dese ano.

Fórmana o Centro Democrático Independiente (CDI), Iniciativa Galega, Coalición Galega, Unidade por Narón e algunhas outras pequenas forzas locais que suman 4 alcaldes e 64 concelleiros en 32 concellos galegos.

Celebrou o Congreso Constituinte o 20 de maio de 2006 coa participación de 500 compromisarios que elixiron a Pablo Padín, ex-conselleiro de sanidade, como presidente e a Xoán Gato, alcalde de Narón, como coordinador xeral. Guillermo Sánchez Fojo Como Vice-Coordinador Zona Norte, Xosé Luis Vilas Martín, Como Vice-Coordinador Zona Sur, Marian Ferreiro Díaz Como Coordinadora Nacional da Mocedade. As xuventudes do partido reciben o nome de Mocedade de Terra Galega.

En outubro de 2006 Unión Ourensana integrouse na coalición e tamén 6 dos doce concelleiros do Partido Popular de Galicia en Arteixo. Nas eleccións municipais de 2007 presentou 63 candidaturas, sobre todo na provincia da Coruña, e acadou 66 concelleiros.


[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais