Antonio García Noriega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noriega
Información persoal
Nome Antonio García Noriega
Nacemento 23 de febreiro de 1910
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 28 de abril de 1933
Lugar de falecemento A Coruña
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1926–1929 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1929–1930 Deportivo da Coruña 4 (0)
1931–1933 Club Coruña
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio García Noriega, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1910 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1933, foi un futbolista galego, que xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na Coruña o 23 de febreiro de 1910. Os seus pais, Eugenio García e Marina Noriega, rexentaban un establecemento na rúa da Atocha Baixa.[1]

Comezou a xogar ao fútbol no equipo infantil do Deportivo da Coruña, na tempada 1926/27,[2] e debutou co primeiro equipo o 17 de marzo de 1929,[3] nun partido amigable contra o Eiriña no antigo campo de Riazor que acabou con goleada para o equipo coruñés por 7-0 e no que foi un dos xogadores máis destacados.[4][5] Un mes despois debutou na Segunda División, que celebraba a súa edición inaugural, nunha vitoria por 5-2 sobre o Racing de Madrid.[6] Disputou un total de catro partidos na categoría de prata durante esa campaña e a seguinte, e competiu tamén no Campionato de Galicia.

En 1931 fichou polo Club Coruña,[7] no que xogou ata a súa morte dous anos despois. Mentres realizaba o servizo militar xogou tamén cun equipo de militares, co que se enfrontou varias veces ao Deportivo da Coruña.[8] Posteriormente traballou no Banco de La Coruña.[9]

O 27 de abril de 1933, con só 23 anos, faleceu na súa casa da rúa Panadeiras, onde vivía coa súa muller Consuelo Varela Paz, coa que casara catro anos antes,[10] e cos seus dous fillos, Antonio e María Estrella.[9] Aínda que nun principio a prensa falou de suicidio,[1] a posterior investigación concluíu que se tratou dunha morte accidental.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El suicidio de anoche". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1933. p. 2. 
  2. "Noriega". El Ideal Gallego (en castelán) (3946). 29 de abril de 1933. p. 5. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  3. "El Deportivo derrota al Eiriña". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 1929. p. 5. 
  4. "Deportivo, 7-Eiriña 0". El Ideal Gallego (en castelán) (3443). 19 de marzo de 1929. p. 4. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  5. "El Deportivo vence al Eiriña". El Noroeste (en castelán) (14021). 19 de marzo de 1929. p. 3. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  6. "El "Deportivo" gana al "Racing" de Madrid por 5 a 2". El Ideal Gallego (en castelán) (3472). 23 de abril de 1929. p. 1. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  7. "Mañana en San Amaro". El Noroeste (en castelán) (14126). 14 de marzo de 1931. p. 3. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  8. "El "Deportivo" vence a la selección militar por 10-1". El Ideal Gallego (en castelán) (3614). 26 de abril de 1932. p. 5. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Obituario". El Ideal Gallego (en castelán) (3945). 28 de abril de 1933. p. 4. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  10. "Registro civil". El Ideal Gallego (en castelán) (3617). 26 de novembro de 1929. p. 3. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  11. "Noriega". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 1933. p. 1.