Emilio García Cerdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lameiro
Información persoal
Nome Emilio García Cerdido
Lugar de nacemento A Coruña, Galicia
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1928–1930 Deportivo da Coruña 15 (0)
Total 15 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Emilio García Cerdido, coñecido como Lameiro, nado na Coruña, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1928–29 formou parte do Deportivo da Coruña, na primeira edición da Segunda División. Debutou, da man do adestrador galego Andrés Balsa, na primeira xornada do campionato, nunha derrota a domicilio fronte ao Deportivo Alavés (3–1). Nesa campaña foi un habitual do cadro deportivista, sendo compañeiro na zaga de Ramón Rey, José Guerra, Antonio García Noriega e un xa veterano Luis Otero. Nesa campaña participou en 15 partidos e o club coruñés logrou un 8.º posto e evitar o descenso. Na tempada 1928–29 non participou en ningún encontro de liga co Deportivo, adestrado polo coruñés Paco González Galán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]