Snits

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antigo concello de Snits
Bandeira de Snits Escudo de Snits
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Ljouwert respecto de Frisia
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: Frisian flag.svg Frisia
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
34,04 km²
30,1 km²
3,94 km²
Poboación
Poboación: 33.431 (2008)
Densidade: 1.111 hab/km2
Información
Código postal: 8600 - 8633
Alcalde: Derradeiro alcalde: Haijo Apotheker (Demócratas 66)
Sitio na web: www.sneek.nl
Watterpoarte
Vista aérea de Snits

Snits (nl-Snits.ogg uitspraak ) é unha cidade e antigo concello de Frisia (Países Baixos) integrado o 1 de xaneiro de 2011 no novo concello de Súdwest Fryslân que abrangue boa parte do suroeste de Frisia, con Snits como a capital do novo concello. A cidade localízase ao sudoeste da capital frisoa Ljouwert e conta con case 33.000 habitantes, constituíndo un centro importante no sudoeste frisón, cun importante porto no Snitser Mar e entre os seus monumentos salienta o Wetterpoarte, coñecido internacionalmente polo seu nome en neerlandés, Waterpoort, unha porta que conecta a cidade co mar que se converteu no símbolo da cidade. A cidade tamén ten unha longa tradición de competicións deportivas no mar, a máis coñecida é o Sneekweek, dedicada á vela, e tamén é un dos puntos polo que pasa o Alvestêdetocht, unha competición de patinaxe de velocidade sobre xeo. Snits é unha das once cidades tradicionais de Frisia, coñecidas como Fryske stêden.

Poboación[editar | editar a fonte]

O concello de Snits contaba con 33.431 habitantes o 1 de xaneiro de 2010[1], ademais da propia capital municipal había outras tres entidades de poboación recoñecidas: Ysbrechtum con 650 habitantes en 2008, Offenwier, 160 habitantes, e Loaiïngea que conta con 70 habitantes[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Snits edificouse orixinalmente nun promontorio areoso, aumentando tras a construción ao sur dun dique que permitiu a formación dun pólder coñecido como Skerhim, conformándose a cidade arredor dunha vía fluvial, coñecida nos documentos antigos como Magna Fossa [3], esas vías fluviais con saída cara ao norte (Geau, Snitser Aldfeart) fixéronse necesarias pola desaparición do brazo de mar que formaba o esteiro do río De Boarn, o Middelsee. Ao longo do século XIII Snits recibiu diversos privilexios de cidade, en 1295 declarouse un gran incendio que destruiu case todas as súas casas[4], e a cidade tivo que volver a edificarse de novo, e en 1456 recibiu dereitos municipais[5], codificados no Stadboek. Por volta de 1492 comezou a construción das murallas ao seu redor, converténdose así na única cidade amurallada de Frisia [6], da antiga fortificación quedan a Wetterpoarte e o baluarte.

Economía[editar | editar a fonte]

A coñecida cadea de roupa C&A abriu a súa primeira tenda en Sneek en 1861[7]. En 1902 abriu a fábrica de Tonnema que elabora caramelos de menta baixo a marca KING. A cidade conta tamén con fábricas de aceiro, maquinaria de construción e cordelería náutica. Desde 1964 conta cunha fábrica de cremalleiras da YKK, que foi a primeira planta xaponesa nos Países Baixos, tamén Mitsui Sekka fabricante xaponés de fibras sintéticas ten unha planta na cidade.

Transportes[editar | editar a fonte]

As principais vías de comunicación que pasan polo concello son a autoestrada A7 que vai de Zaandam, na provincia de Holanda Setentrional ata a fronteira con Alemaña, a estrada provincial N354. O concello conta cunha estación de tren, aberta en 1883, e de autobuses na súa proximidade, as liñas de autobuses están servidas pola empresa pública Connexxion e o tren por Arriva Personenvervoer Nederland que conecta con Ljouwert e Starum. En barco pódense navegar o Houkesleat que conecta coa Canle da Princesa Margriet, Geau que liga con Drylts, De Swette con Ljouwert e Frjentsjerter Feart con Frjentsjer.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Igrexa católica de San Martiño
  • Wetterpoarte (1613)
  • Casa do concello de Snits (1550, fachada 1763)
  • Igrexa de Martiño (1480), cun conxunto de 50 campás
  • Igrexa de San Martiño (1872)

Museos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centraal Bureau voor de Statistiek
  2. CBS
  3. Fritz Witt Beiträge zur Kenntnis der Flussnamen Nordwestdeutschlands, 1912, p. 103
  4. Abraham Jacob van der Aa Aardrijkskundig woordenboek der Nederlanden, Vol. 10, p. 509
  5. History of Sneek en sneek.nl
  6. Grote Winkler Prins: Encyclopedie in twintig delen, Vol 17, 1973, p. 482
  7. C&A. About us