Anosognosia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anosognosia
Especialidadepsicoloxía, psiquiatría, neuroloxía, neurociencia
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A anosognosia (do grego : a, prefixo privativo + nosos, enfermidade + gnose, coñecemento: "descoñecemento da enfermidade") é a situación referida a pacientes que non teñen percepción dos seus déficits funcionais neurolóxicos.

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

A anosognosia é, polo tanto, unha negación da propia patoloxía neurolóxica: o paciente non admite que algo lle está a ir mal, sendo a causa deste déficit un dano orgánico que realmente está a impedir dita percepción.

Cómpre, polo tanto, distinguir a anosognosia da negación, na que o paciente sabe realmente que algo lle está a pasar pero non está disposto a admitilo polas repercusións emocionais que iso implica.[1]

Por outra banda, un caso particular tamén chamado de xeito xeral anosognosia é tamén a perda da capacidade para recoñecer ou darse conta dun defecto funcional dunha extremidade afecta de parálise, e garda relación con lesións do hemisferio non dominante e con hemiparesia[2].

A anosognosia foi descrita por primeira vez por Joseph Babinski, en 1914 (síndrome de Anton-Babinski) ao se referir á inconsciencia dunha hemiplexia.[1]

Patoloxías nas que aparece[editar | editar a fonte]

A anosognosia pode ocorrer en diferentes patoloxías neurolóxicas, dificultando en xeral o proceso de rehabilitación. Algunhas das patoloxías nas que aparece son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Donoso, Archibaldo (2002-04). "Anosognosia en enfermedades cerebrales". Revista chilena de neuro-psiquiatría 40 (2): 69–78. ISSN 0717-9227. doi:10.4067/S0717-92272002000200008. 
  2. "anosognosia, páx. 39" (PDF). edu.xunta.gal; DXPL; Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]