Demencia
Unha demencia é un conxunto de patoloxías do sistema nervioso central que producen un déficit, en termos xerais progresivo e irreversible, que condiciona perda de funcións cerebrais superiores (memoria, linguaxe, razoamento etc) e outras habilidades previamente adquiridas, pero mantendo un nivel de consciencia normal.
Índice |
Epidemioloxía [editar]
As demencias son pouco comúns en individuos menores de 50 anos, e nas demencias precoces soe haber unha ou múltiples alteracións xenéticas predispoñentes ou desencadeantes. A frecuencia aumenta exponencialmente coa idade, chegando ata o 22% en maiores de 85 anos.
Demencias máis comúns [editar]
A demencia máis frecuente é a enfermidade de Alzheimer, que produce un curso progresivo en anos, con alteracións na memoria, aprendizaxe, linguaxe, recoñecemento e nas etapas finais, alteracións motoras semellantes á enfermidade de Parkinson e mesmo convulsións tónico-clónicas.
Outras demencias frecuentes son:
- Demencia vascular
- Enfermidade de Lewy
- Demencias fronto-temporais
- Hidrocefalia normotensiva
- Hipotiroidismo
- Déficit de vitamina B12
- Sífile
- Pseudodemencia depresiva
Diagnóstico [editar]
O diagnóstico da maioría das demencias é clínico, xa que non existen marcadores biolóxicos aptos hoxe en día. As probas neuropsicolóxicas poden ser de axuda. É preciso, non obstante, descartar causas de demencias tratables mediante unha análise de sangue, medición dos niveis de ácido fólico e seroloxía luética. Os probas de neuroimaxe axudan a descartar outras enfermidades do sistema nervioso central, coma a hidrocefalia do adulto.
Bibliografía [editar]
Harrison, Principios de Medicina Interna. 17ª edición. (en castelán)